“Penso, logo consumo” (conto, vídeo e guía para nenos e nenas de 3 a 6 anos)

atuntun“Penso, logo consumo” é un proxecto educativo sobre consumo responsable dirixido aos centros educativos de Zaragoza, impulsado por ESF, Ecodes e a asociación Hermanamiento León (Nicaragua)-Zaragoza, co apoio do concello da capital aragonesa.

O programa inclúe un conto dirixido a nenos e nenas de 3 a 6 anos cuxos protagonistas son Cuidadín e Gastón, dous amigos moi diferentes que dunha maneira lúdica mostrarán aos menores distintos comportamentos ante o feito de consumir. Mentres que Cuidadín é sinxelo, xeneroso e antes de consumir, pensa se realmente o necesita, Gastón é caprichoso, quéreo todo e gasta máis do que necesita. Ambos os dous estarán acompañados doutros personaxes como Lapilas e Compost, que vivirán con eles distintas aventuras. O conto acompáñase dunha guía didáctica dirixida a profesorado, educadores/as, pais e nais.

Documento en pdf: “Pienso, luego consumo” (cuento y guía para niños y niñas de 3 a 6 años) (pdf)

Fonte: www.educacionsinfronteras.org/es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: