Presentación en Compostela do libro BANCA ARMADA VS BANCA ÉTICA

BancaArmada-vs-BancaEtica-29marzo2014Amarante Setem e Fiare Galiza organizan en Compostela a presentación do libro Banca Armada vs Banca Ética do economista e investigador Jordi Calvo Rufanges.

A presentación terá lugar o sábado 29 de marzo ás 19h na Libraría Couceiro (Praza Cervantes 6) de Santiago de Compostela e contarase coa participación do autor, Jordi Calvo Rufanges.

Banca armada é o termo, que tras seis anos de campaña do Centro de Estudos pola Paz J.M. Delàs (Justicia i Pau), SETEM e o Observatorio da Débeda da Globalización (ODG) denunciando os investimentos das entidades financeiras na industria de armamento, se utiliza para referirse aos bancos e caixas que invisten en armamento. Neste libro amósase que máis de 60 entidades financeiras e, sobre todo, os grandes bancos, teñen investido polo menos 45.000 millóns de euros en armas na última década.

Pola contra, os bancos armados presumen de ser responsables coa sociedade. Para iso desenvolveron departamentos de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que se enmarcan no enfoque stakeholder, polo que as empresas deben responder fronte á sociedade do impacto das súas actividades. Pero un banco que axuda á produción ou venda de armamento non pode ser considerado responsable coa sociedade e, polo tanto, a súa RSC non é máis que un cúmulo de estratexias de marketing social, de accións para limpar a mala imaxe que lles poden reportar os seus investimentos irresponsables coa sociedade ou que non respectan os dereitos humanos. Este libro demostra que, tan só tendo en conta os investimentos en armamento, as entidades financeiras non son sinceras cando din aplicar políticas de RSC e que a súa principal preocupación é que a súa reputación non se vexa afectada. Fronte a iso, a única opción para estar seguras de que o noso banco non inviste en armas é a banca ética, que ao contrario que a banca tradicional, asegura ás súas clientas que nunca investirá en armamento.

Máis información en www.bancaarmada.org

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: