O pasado sábado, 29 de marzo de 2014, tivemos a oportunidade de participar na II Asemblea de Fiare – Banca Popolare Etica (o terceiro encontro estatal de persoas socias de Fiare, o dossier-resumo deste encontro podedes consultalo a continuación: dossier_resumen_AsambleaFiare_2014). Máis de 350 persoas puideron achegarse a Barcelona (aproximadamente na primeira parte da asemblea había o número de persoas socias de todo o Estado español que indicamos a continuación: 14 de Galiza, 105 de Catalunya, 5 de Estremadura, 7 de Illes Balears, 8 de Canarias, 40 de Andalucía, 6 de Navarra, 7 de Aragón, 14 da Comunidade Valenciana, 20 de Madrid, 6 de Murcia, 13 de Castela-León, 44 de Euskadi, 35 de Italia), pero tamén foi posible visualizala na distancia a través de streaming. Para todas as persoas que non tiveron a posibilidade de vela no seu momento engadimos nesta nova os vídeos correspondentes.
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron este encontro posible!. Na páxina de facebook de Fiare Galiza e en twitter tedes un pequeno resumo fotográfico que en breve poderedes desfrutar en forma de nova.
Filed under: Banca Popolare Etica,Economía solidaria e social,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ,Mercado Social,Novas |
Reblogged this on Asociación Fiare Zona Centro and commented:
El pasado sábado, 29 de marzo de 2014, tuvemos la oportunidad de participar en la II Asemblea de Fiare – Banca Popolare Etica (terceir encuentro estatal de personas socias de Fiare). Más de 350 personas pudieron acercarse a Barcelona, pero tamén fue posible visualizarla a distancia por streaming. Para todas las personas que no tuvieron la posibilidad de verlo, podeís ver a continuación los videos: