Novo informe da Campaña Roupa Limpa: As marcas aínda están moi lonxe de garantir un salario digno

Autor: SETEM Federación

portada_informeA Campaña Roupa Limpa, que coordina SETEM en España, presenta “Salarios Dignos”, un estudo en profundidade sobre o que están a facer 50 das marcas máis importantes de Europa, entre elas tres españolas (Desigual, Mango e Inditex) para garantir que as traballadoras que elaboran as pezas que venden reciben un salario digno. Este estudo demostra o lonxe que se atopan as empresas para garantir este dereito fundamental.

“A pesar de que un salario digno é un dereito humano, ningunha das 50 compañías líderes está a pagar un salario digno”, dixo Anna McMullen, a coordinadora do estudo. “O informe mostrou que aínda que máis marcas son conscientes do salario digno e recoñecen que é algo que se debe recoller nos seus códigos de conduta e na súa RSC, é decepcionante comprobar que a maior parte das marcas investigadas non chegaron máis aló. Dado que hai millóns de mulleres e de homes en todo o mundo que dependen da industria téxtil, é vital que estas palabras se convertan en accións reais canto antes”.

salariominimovssalariodignoSegundo este informe, é fundamental que Inditex desenvolva parámetros baseados no custo real da vida das traballadoras e garanta que se inclúan no prezo que pagan as fábricas, así se achegarían á consecución dun salario digno.

Pola súa parte, Mango aínda non se comprometeu a garantir un salario digno para as persoas traballadoras das súas fábricas provedoras, nin sequera o inclúe no seu código de conduta.

A última marca española analizada nesta investigación é Desigual. Esta marca non conta con parámetros para garantir un salario digno, e tampouco publica información sobre dereitos laborais ou comercio ético.

A loita polos salarios dignos está a chegar a un punto crítico

Nos principais países produtores do sector téxtil, por exemplo en Cambodja, a loita polos salarios dignos continua, xa que segundo as últimas cifras de Asia Floor Wage Alliance os salarios dignos, en xeral, triplican o salario mínimo que reciben as traballadoras do sector téxtil.

As traballadoras de Cambodja, por exemplo, cobran menos de 73 euros ao mes, é dicir, soamente o 22% da cifra do Salario Digno de Asia para Cambodja. Durante os últimos meses, as traballadoras do sector téxtil sufriron unha crecente violencia e axitación xa que esixen un salario mínimo de 116 euros, que segue sendo soamente unha fracción do que sería un salario digno.

“Os meus gastos aumentan día a día”, di Lili, unha traballadora dunha fábrica de Cambodja. “A pesar de que as traballadoras comemos xuntas nunha habitación pequena e as miñas compañeiras préstanme diñeiro, só podemos gastarnos unha pequena cantidade cada unha, porque todas temos que preocuparnos de como poderemos enviar diñeiro ás nosas familias”.

A Campaña Roupa Limpa realizou un estudo para ver até que punto se pon en práctica as políticas das principais marcas. As compañías teñen un papel vital para garantir que se pague un salario digno, xa que poderían cambiar os prezos e os seus hábitos de compra garantindo que os salarios que se pagan basten para que as traballadoras vivan de forma digna.

Este informe está dentro da campaña “Salarios Dignos” que lanzamos en novembro do pasado ano. A Campaña Salarios Dignos ten como obxectivo lograr un salario digno para as persoas traballadoras das fábricas téxtiles co apoio dos miles de activistas da Campaña Roupa Limpa e dos consumidores e consumidoras europeas.

Fonte: Setem Catalunya.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: