Presentación dos proxectos FIARE e CAES, banca ética e seguros éticos como novas formas de economía social

Marcos de Castro, expresidente de CEPES, lembrou que “é a urxencia social a que afina resortes de solidariedade e convoca a grupos de persoas a inventar solucións”.

Esta semana celebrouse no Centro Cultural Médiala un acto de presentación dos proxectos FIARE e CAES, banca e seguros éticos, no que participaron ademais de representantes de ambas as dúas entidades, persoas pertencentes ao mundo da Economía Social e Solidaria, (REAS, Mercado Social, Consumo Responsable) e entidades aseguradoras.

Na presentación do acto Marcos de Castro, expresidente de CEPES, lembrou que “non o temos fácil nestes momentos, pero tampouco o tiveron nas etapas en que naceron diversas formas de economía social. É a urxencia social a que afina resortes de solidariedade e convoca a grupos de persoas a inventar solucións porque non se resignan a quedar na cuneta á que lles empuxa un sistema excluínte e depredador como o que temos”.

Na súa exposición Juan Garibi, Director de Fiare, situou o nacemento de Fiare en relación coas seguintes conclusións dun grupo de reflexión en 2001:

O diñeiro que persoas e organizacións depositan nas entidades financeiras utilízase para fins fixados polas propias entidades financeiras, á marxe, e en ocasións en contra, da vontade das persoas e organizacións depositantes.

– As entidades financeiras miran con desconfianza ás entidades da economía social, ao non entender o seu funcionamento. Especialmente, cando estas non teñen ánimo de lucro.

– En Europa existe un fenómeno denominado “banca ética”, que agrupa ao redor de FEBEA, a Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, a diferentes entidades bancarias con características comúns: ausencia de ánimo de lucro, sen distribución de dividendos; democracia participativa en estruturas cooperativas; servizo á economía local social.

Desde entón aquí Fiare conseguiu 5 millóns de euros de capital social, con aproximadamente 5.000 persoas e organizacións socias. Conseguimos aforro destas mesmas por valor de máis de 40 millóns de euros, máis do 90% en produtos a prazo.

As dificultades prácticas para abrir unha institución financeira Ex novo en España, nas circunstancias actuais levounos despois de contactar coa Banca Ética e Solidaria de Italia (Banca Popolare Etica ou BPE), a adoptar a fórmula de unirnos a ela, para establecer en réxime de libre prestación de servizos o que chamamos 5ª área, no territorio do estado Español, unido ás outras 4 que a BPE ten xa en Italia. Hoxe, salvados os obstáculos administrativos estamos a piques de abrir formalmente un establecemento bancario apoiado por un Fondo de Garantía de Depósitos ao servizo da Economía Social.

Pola súa banda Luís Marchand de CAES, fixo fincapé nos 25 anos de experiencia que teñen as dúas corredurías que forman o proxecto (ARÇ e SERYES), e o feito de que entre ambas as dúas e a través das organizacións coas que se teñen establecido acordos de colaboración con máis de 1.000 entidades relacionadas coa Economía Social e Solidaria, atenden a preto de 100.000 persoas no Estado español. O seguro ético e solidario pretende devolver ao sector asegurador o espírito mutualista orixinal.

A través do Observatorio das Finanzas Éticas, que estuda e analiza ás entidades que queren desenvolver este tipo de iniciativas, e do selo de garantía ETShi -emitido polo Observatorio Europeo das Finanzas Éticas-, CAES vehiculiza os seguros ás entidades que levan a cabo políticas coherentes coa nosa formulación ética e solidaria, sendo transparentes en relación á orixe e aplicación dos seus fondos, respectando os dereitos dos traballadores, o medio ambiente e a sustentabilidade, aplicando adecuadas políticas de xénero.

Ambos os dous intervenientes terminaron as súas intervencións explicando que este acto non era unha acción de mercadotecnia ao uso senón unha invitación á mobilización para a consecución dunha sociedade máis xusta e solidaria.

Seguidamente tivo lugar unha mesa redonda, na que ademais dos anteriores interviñeron Narcis Sánchez do Observatorio das Finanzas Éticas e Nuria del Río de REAS.

As conclusións da Xornada foron:

  • O fomento da sustentabilidade social, ambiental e a transparencia é a base de todas as organizacións presentes.
  • O reto de todos/as é demostrar que a economía social é máis necesaria que nunca e que é posible unir eficiencia, viabilidade económica e bo goberno, sen deixar de lado o compromiso social cara ás persoas e a comunidade.
  • A conciliación dos intereses económicos, sociais e ambientais é unha obriga de todos/as para mellorar a nosa sociedade.
  • Trasparencia, claridade, honestidade tanto desde un punto de vista económico, asegurador ou modelo produtivo son as diferenzas do noso modelo e é a nosa oportunidade e obriga dala a coñecer á sociedade achegando solucións que respondan ás súas necesidades.
  • O obxectivo de Caes e de Fiare é desenvolver as finanzas éticas (seguros, banca) a través de organizacións da economía social e solidaria.

Fonte: nuevatribuna.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: