3 de maio: unha inmellorable ocasión para achegarse a Fiare-Banca Ética

CARTAZ_PRIMAVERA-3maio2014Este sábado, 3 de maio de 2014, tes dúas oportunidades para coñecernos máis, facernos todas as preguntas que desexen, comentarnos as túas inquedanzas, falar sobre a evolución do proxecto Fiare, preguntar como podes colaborar ou afondar máis no tema das finanzas éticas… e todo o que ti consideres.

Onde e cando? Poderás atoparnos na mesa informativa (durante toda a Feira Mercado de Produtos Tradicionais Galegos) e na charla-coloquio “Outra Banca é posible. Fiare Banca Ética, a banca en mans da cidadanía” que terá lugar ás 13 cartel-fiare-mercadodapedra--Vigo-3maio2014horas na Praza do Abanico, Barrio Alto do Casco Vello, Vigo dentro das actividades da Feira Mercado de Produtos tradicionais galegos e na Feira de Primavera do Barrio de San Pedro de Santiago de Compostela durante todo o día nunha mesa informativa na que poderás conseguir información e falar connosco de Fiare, finanzas éticas, economía social e solidaria…

Agardamos por ti! Anímate e vén! Aproveitamos para comunicarte que neste blog tes moitas novidades na nosa sección de Actividades e Materiais, ademais de ter acceso: aos novos puntos de información, ás persoas socias que conformamos Fiare Galiza (xa 338 persoas físicas, 36 colectivos e un concello!), aos novos datos actualizados e a moito máis

A continuación engadimos os dous programas (á esquerda a de Vigo, e á dereita a de Compostela):

CARTEL FEIRA MAIO 2014-1 FeiraPrimavera-maio2014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: