Asemblea en Nápoles, 24 de maio de 2014

O 29 de marzo reunímonos na II Asemblea de socios/as da Área Fiare (dossier-resumo_AsembleaFiare_2014) co obxectivo de continuar o noso proceso de artellamento como Fiare-Banca Ética. Xuntámonos máis de 300 persoas de toda a V Área e, xunto a outros/as compañeiros/as das áreas italianas, debatemos e compartimos reflexións sobre a evolución da nosa cooperativa.

Fiare-BancaEticaNesta ocasión queremos invitarte a participar na Asemblea Xeral de Socias de Banca Popolare Etica, que este ano terá lugar o 24 de maio en Nápoles.

O ano pasado acudimos á Asemblea Xeral de Florencia un número importante de persoas socias do Estado español e nela escollemos o Consello de Administración, do que forma parte o conselleiro da Área Fiare, Peru Sasia. Este ano, en Nápoles, ademais da presentación das contas e do estado actual da actividade financeira, escolleremos o novo Comité de Ética, para o que propuxemos como candidata a Cristina de la Cruz, actual coordinadora do Comité de Ética da Área Fiare.  Mañá, sábado 3 de maio, terá lugar unha presentación pública das diferentes candidaturas na cidade de Padua. Poderase seguir vía streaming a partir das 14:30 horas ata as 17 horas a través da web www.bancaetica.it.

Queremos animarte a participar na Asemblea para encontrarnos coas persoas socias de toda Italia e do Estado español e compartir o horizonte común sobre este proxecto. Un dos temas claves desta Asemblea será a aprobación definitiva da nova versión do «Manifesto de Banca Ética», froito do traballo que realizamos entre todos e todas.

Todas as persoas socias de Fiare-Banca Ética están convidadas a ir, e poderán exercer o seu dereito ao voto as socias traspasadas á Cooperativa. No Boletín informativo BancanotE coñecerás os últimos detalles da organización da Asemblea e as novidades deste ano:

Anímate a participar!

Máis información: Proxecto Fiare

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: