Maio empeza con forza para Fiare-Banca Ética en Galiza!

cartel-fiare-mercadodapedra--Vigo-3maio2014O primeiro sábado deste mes de maio, 3 de maio de 2014, veu cargado de momentos para coñecer máis sobre o proxecto Fiare-Banca Ética en particualar e a economía social e solidaria, as finanzas éticas…, en xeral.  Así o puideron comprobar as persoas que tiveron a oportunidade de achegarse á mesa informativa que tiñamos na CARTAZ_PRIMAVERA-3maio2014Feira da Primavera do Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela e á mesa informativa (durante toda a Feira) e á charla-coloquio “Outra Banca é posible. Fiare Banca Ética, a banca en mans da cidadanía” que tivo lugar ás 13 horas na Praza do Abanico, Barrio Alto do Casco Vello, Vigo durante aFeira Mercado de Produtos Tradicionais Galegos.

02.-Banca-ética-Xinzo-maio-2014Esta semana non podía ser menos, polo que tamén empezou con forza co encontro do Grupo Local de Compostela de onte, luns 5 de maio de 2014, continuará mañá, mércores 7 de maio de 2014, ás 20 horas coa charla-coloquio “Banca Ética. Outra banca é posible!” na Casa da Cultura de Xinzo de Limia organizada pola nosa socia CDR O Viso e o xoves, 8 de maio de 2014, ás 19:30 horas coa reunión do Grupo Local de Coruña (tes moita máis información en Actividades).

Ademais queremos convidarvos o vindeiro sábado, 10 de maio de 2014, á xuntanza do GIT Galiza Norte que queremos que sexa plural e común polo que será aberta a toda persoa socia (física e xurídica) das provincias de Coruña e Lugo que desexen coñecer as últimas novidades deste proceso tan entusiasmante que estamos vivindo en Fiare-Banca Ética.  Será no  CIAC, no parque de Belvís, en Santiago de Compostela a partir das 10:30 horas da mañá.  Comezará coa benvida e unha presentación para coñecernos un pouco máis todas as persoas presentes, continuaremos lembrando e poñendo en común todo o vivido, reflexionado, escoitado, proposto… durante a Asemblea (folla de ruta, nova imaxe, manifesto político de Banca Popolare Etica…) e as reunións (ideas, conclusións, obradoiros…) que tiveron lugar do 28 ao 30 de marzo de 2014 en Barcelona. Informarémonos tamén de como vai a operativa bancaria, de como será o traspaso de participacións, das formas de participación, das actividades de lecer que entre todas podemos organizar, da vindeira reunión… Evidentemente teremos un xantar compartido que porá fin a unha intensa e construtiva xornada.  Non a perdas!

Tes moita máis información sobre Fiare en Materiais, Participa, Socias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: