Cambiamos as finanzas para cambiar Europa

Banca Popolare Etica está a participar na campaña “Cambiamos as finanzas para cambiar Europa” dirixida aos candidatos á presidencia da Comisión Europea e impulsada pola Federación Europea de Bancas Éticas y Alternativas (FEBEA). A campaña expón unha serie de preguntas aos candidatos sobre o seu posicionamento en relación á economía e as finanzas.

Hai tempo que hai diversos temas de debate abertos na Unión Europea (UE) en relación ao mantemento dos paraísos fiscais no seo da propia Europa, a necesidade da implantación dunha Taxa para as Transaccións Financeiras, que sexa eficaz en loitar contra a especulación nos países da UE, e a separación oportuna e completa a nivel xurídico entre a banca comercial e a banca de investimento.

Estes son os principais temas que se poden atopar no documento preparado para os candidatos que podes atopar debaixo.

A campaña apóiase cunha recollida de firmas a través de Change.org en inglés, francés, italiano e castelán. Até o momento (15 de maio de 2014) recolléronse máis de 7.500 firmas e estará aberta até a vindeira semana.

Anímate a participar na campaña a través de la recogida de firmas e á súa difusión nas diversas redes!

cambiamosfinanzas-cambiareuropa

Aos candidatos á Presidencia da Comisión Europea:

Jean-Claude Juncker, PPE

Martin Schulz, PSE

Guy Verhofstadt, ALDE

José Bové y Ska Keller, Green

Alexis Tsipras, EL

A causa máis evidente da crise que está a golpear Europa desde o ano 2007 é o modelo de desenvolvemento que promove, a partir dos primeiros anos dos noventa, o sistema financeiro a nivel mundial.

Os mercados financeiros desenvolvéronse de forma incontrolada, pero isto non tería sido posible sen marcos legais e decisións políticas que o permitiron. Nos últimos vinte anos, a política foise progresivamente encartando aos intereses do mundo financeiro.

Xunto a este fenómeno de natureza global, os/as cidadáns/ás séntense impotentes, simples “espectadores/as” de procesos aparentemente afastados das cuestións cotiás, e en cuxo desenvolvemento non é posible exercer influencia algunha.

Agora que están próximas as Eleccións Europeas, é importante que os distintos candidatos asuman a responsabilidade de intervir na corrección desta distorsión no sistema financeiro, recuperando o valor da acción política. É imprescindible que os diferentes partidos e os/as seus/súas candidatos/as lancen unha mensaxe clara neste sentido, para poder así recuperar a confianza na política e que os/as cidadáns/ás poidan decidir o seu voto con maior consciencia.

Expomos por tanto ás forzas políticas e aos seus líderes as seguintes 6 preguntas, convencidos/as de que da súa resposta dependerá boa parte do noso futuro:

1. Como pensa intervir no proceso, iniciado coa proposta da Comisión do 28 de setembro de 2011[1], para a implantación dunha Taxa para as Transaccións Financeiras, que sexa eficaz en loitar contra a especulación nos países da UE?

2. Que propón facer para garantir a separación entre a banca que desenvolve actividade financeira de risco e aquelas entidades financeiras dedicadas principalmente á recollida de aforro, auspiciada polo Informe Liikanen e recentemente desenvolvida na proposta promovida pola Comisión o 29 de Xaneiro de 2014[2] para unha reforma estrutural do sistema bancario? Neste sentido, considera oportuna unha completa separación xurídica entre a banca comercial e a banca de investimento?

3. Centrados nunha estratexia de investimento para o apoio financeiro a proxectos que supoñen un valor engadido no ámbito social, cultural ou ambiental, a Banca Ética Europea[3] apoiou desde hai moitos anos unha xestión transparente e sustentable da actividade bancaria, dedicándose exclusivamente a apoiar a economía real. Cal é a súa opinión respecto ao recoñecemento específico do papel destes bancos, mesmo no marco da normativa Basilea III?

4. Que pensa facer en relación coa eliminación dos Paraísos fiscais, unha das fontes principais das distorsións que causaron a actual crise financeira?

5. Sobre a base do traballo descrito na Comunicación da Comisión ao Consello de Europa e ao Parlamento Europeo do 4 de Setembro de 2013[4], que pensa facer para enfrontarse ao “shadow banking system“, en referencia a aqueles intermediarios financeiros non bancarios que ofrecen servizos similares aos da banca comercial ordinaria, pero con estratexia e mecanismos orientados a evitar o control por parte das autoridades competentes?

6. Na liña da European Market Infrastructure Regulation (EMIR)[5], que pensa facer para promover unha regulamentación dos derivados, en particular con aqueles non regulados, que se atopan entre os instrumentos financeiros causantes da actual crise, e que aínda hoxe teñen un peso moi relevante na actividade financeira?

Notas:

[1] http://ec.europa.eu/taxation_customs/taxation/other_taxes/financial_sector/index_en.htm

[2] http://ec.europa.eu/internal_market/bank/structural-reform/index_en.htm

[3] http://www.ethicalbankingeurope.com/sites/default/files/Definition Ethical Bank.pdf

[4] http://ec.europa.eu/internal_market/finances/shadow-banking/index_en.htm

[5] http://www.esma.europa.eu/page/European-Market-Infrastructure-Regulation-EMIR

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: