Curso descargable: Introdución á Economía Solidaria

Autor/a:  REAS Euskadi

Este curso céntrase na introdución conceptual da Economía Solidaria entendida como unha visión e unha práctica que reivindica a economía nas súas diferentes facetas -produción, financiamento, comercialización e consumo- como medio e non como fin ao servizo do desenvolvemento persoal e comunitario. Desta maneira, preséntase como unha alternativa ao modelo económico imperante, sendo un instrumento de transformación social, que fomenta un desenvolvemento xusto, sustentable e participativo.

Así mesmo queremos pór en valor, a través da análise das dimensións citadas, diversas experiencias que son a expresión da Economía Solidaria na realidade concreta e nas cales o centro da actividade económica son as persoas e a súa inserción no mercado laboral.

Por último, o presente curso pretende ser un recurso formativo e de sensibilización introdutorio para aquelas persoas que busquen coñecer e analizar a posibilidade dunha economía alternativa e solidaria como así como a súa materialización en experiencias concretas tanto no Norte como no Sur.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Promover o debate sobre as diferentes alternativas que expón a economía solidaria no contexto económico e social actual achegando as diferentes iniciativas e emprendementos de economía solidaria.
  • Sensibilizar ás persoas, entidades e colectivos sociais sobre a importancia e incidencia das economías alternativas no presente.

PROGRAMA.

  1. Introdución á economía solidaria e alternativa. Conceptualización.
  2. Situación actual da Economía Solidaria no Norte e no Sur. REAS rede de redes.
  3. Introdución ás dimensións da economía solidaria: financiamento, produción, comercialización e consumo. Financiamento ético e  solidario.
  4. Produción da economía solidaria. Empresas sociais e de inserción social
  5. Comercialización da economía solidaria: Redes de troco, bancos do tempo, tendas gratis, comercio xusto.
  6. Consumo responsable individual e institucional. Compra pública responsable. Mercado Social.

DESCRITORES: Economía solidaria. Economía Social. Autoxestión. Participación. Cooperación. Desenvolvemento humano. Desenvolvemento Local. Comunidade. Sustentabilidade.

A QUEN SE DIRIXE: persoas formadoras, persoas técnicas e voluntarias de organizacións sociais.

DURACIÓN: 16 horas.

RECURSOS TÉCNICOS: computador, canón, cartolinas, rotuladores, papelógrafo, fotocopias.

MATERIAIS:

Este curso enmárcase nun proxecto denominado “Fortalecemento de redes de Economía Solidaria Norte e Sur: xeración de discurso crítico colectivo, promoción e sensibilización” financiado pola Diputación Foral de Bizkaia

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: