Fiare na Festa de A Bouza 2014!

FestaBouza-21xunho2014Este ano a festa de A Bouza vén chea de actividades, todas elas moi interesantes e diversas (actuacións, xantar comunitario, mesa informativa de Fiare-Banca Ética…). O programa da festa deste ano (mañá sábado 21 de xuño de 2014) é o seguinte:

12:00 –  Xogos populares para os cativos.

12:30 – Faladoiro: “Coia, relato dun desmantelamento: das parroquia ao polígono”. Coa participación de tres veciños/as da Coia anterior á construción.

13:00 – Actuación de pandereteiras: Lumieiras de Rueiro

14:00 – Xantar comunitario na carballeira de A Bouza

16:30 – Xogos infantís

17:00 – Campionato de chave

19:00 –  Actuación de gaita e baile: Grupos de Rueiro (Coia)

20:00 – Actuación de baile moderno por “Bruno Moro”

21:00 –  Actuación da banda: “Ateneneo musical de Bembrive”

21:30 – Cea comunitaria na carballeira

22:00 – Remate final: A Queimada

Ademais durante todo o día haberá unha mesa informativa do proxecto de banca ética Fiare, recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

A partires das 12:00 e durante todo o día haberá mesa de Parrotroca, na que se poden intercambiar obxectos coma: xoguetes, libros, trebellos… que teñades na casa sen uso.

Como complemento do faladoiro, dende o 6 ata o 31 de xuño podedes ver unha exposición sobre a historia de Coia que leva por título: “Barrios, espazos de vida. A experiencia de Coia”.

Fonte: www.comunidadebasecoia.org

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: