Mumbuca: a Moeda Social Electrónica de Brasil ao servizo da economía solidaria

moneda_social_mumbucaPola redacción de La Coperacha

Úsase só en comercios e servizos da economía solidaria.

Na cidade de Maricá, a uns 130 quilómetros de Río de Janeiro, máis de 13 mil habitantes contan xa coa primeira moeda social electrónica de Brasil, o Mumbuca.

Esta moeda é expedida polo Banco Comunitario Popular de Maricá e conta co recoñecemento das autoridades municipais, é usada exclusivamente en comercios e servizos da economía solidaria, baixo a modalidade do débito e crédito, cunha terminal electrónica e un cartón plástico.

Ademais o Mumbuca funciona cun programa público para distribuír recursos a poboación de baixos recursos.

O modelo é o seguinte, a través dun programa de goberno creouse o Fondo Municipal e a través do Banco Comunitario Popular de Maricá e a súa moeda social electrónica distribúense 13 mil bolsas.

Mes a mes o goberno de Maricá proporciona ao Banco Comunitario Popular os recursos para depositar 70 mumbucas a cada cartón electrónico do 13 mil beneficiarios.

O Banco Comunitario acredita as empresas da economía solidaria, xa sexan de oficios ou servizos, que reciben a tarxeta Mumbuca, ao final do mes o Banco Comunitario paga aos distribuidores o que venderon en mumbucas. As terminais electrónicas son gratuítas para os comercios.

O municipio ben puido contratar os servizos dun banco privado pero o obxectivo do programa de bolsas a través do Mumbuca é que os recursos circulen de maneira local en Maricá, explica un documento do Instituto Banco Palmas, organización que colaborou no deseño do devandito programa.

“Na medida que as bolsas se abonen integramente en moeda social Mumbuca necesariamente os beneficiarios da bolsa van colaborar no crecemento do seu propio municipio”, explica o Instituto Banco Palmas.

Ademais dos usuarios do programa público, os/as socios/as do Banco Comunitario tamén poden facer uso dos servizos da moeda social electrónica.

mumbuca-moneda-social-electronica-brasilFonte: www.lacoperacha.org.mx

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: