Fiare no V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Programa_V_Congreso-xunho2014O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que vai a ter lugar en Vigo os días 26, 27 e 28 de xuño de 2014 (xoves, venres e sábado desta semana). O lema desta edición é o de “Propostas agroecolóxicas ao industrialismo: recursos compartidos e respostas colectivas”.  Pódese consultar a continuación o programa completo: Programa_V_Congreso

OBXECTIVO XERAL

No ámbito do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das propostas agroecolóxicas que se estean a desenvolver en Galiza, no Estado e no Mundo. Imos a tentar afondar nos recursos compartidos e nas respostas colectivas que van máis aló da lóxica dos grandes mercados, que superen as propostas economicistas. Avanzar nas propostas agroecolóxicas é unha tarefa colectiva, o protagonismo corresponde ás persoas, ás súas comunidades. Por iso facemos un chamamento a participar no V Congreso aos axentes sociais, a labregos/as, a políticos/as, a científicos/as, a estudantes, aos movementos sociais e ás persoas interesadas e ás súas comunidades.

Para a realización do Congreso contamos co patrocinio da Universidade de Vigo, da Fundación Juana de Vega e do Proxecto SUPURBFOOD e coa colaboración do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, da UVIGO-TV , de FIARE e da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica.

ÁREAS TEMÁTICAS

O Congreso está estruturado segundo as tres dimensións da agroecoloxía (técnico-produtiva, política e sociocultural). Á súa vez, as tres dimensións desagréganse en áreas temáticas.

1. DIMENSIÓN TÉCNICO-PRODUTIVA

Abarca os traballos centrados na análise de innovacións agroecolóxicas nos ámbitos técnico produtivos vinculados a manexos agrogandeiros, aproveitamento de montes e recursos fitoxenéticos, como resposta á crise estrutural do capitalismo.

  • ÁREA TEMÁTICA 1. Agricultura e sistemas agrícolas agroecolóxicos
  • ÁREA TEMÁTICA 2. Produción animal e manexo agroecolóxico de sistemas gandeiros
  • ÁREA TEMÁTICA 3. Biodiversidade e Recursos Fitoxenéticos
  • ÁREA TEMÁTICA 4. Aproveitamento de montes e silvicultura agroecolóxica

2. DIMENSIÓN POLÍTICA

A dimensión política, tanto nos seus aspectos institucionais como non formais, é unha dimensión central da agroecoloxía. A análise dos aspectos normativos e institucionais entrelázanse coa análise das relaciones de poder e as súas distintas manifestacións ao longo do sistema agroalimentario, así como coa construción de alternativas e respostas políticas desde o colectivo.

  • ÁREA TEMÁTICA 5. Agroecoloxía, territorio e desenvolvemento rural
  • ÁREA TEMÁTICA 6. Sistemas agroalimentarios alternativos e agricultura urbana
  • ÁREA TEMÁTICA 7. Recursos compartidos, gobernanza e respostas colectivas
  • ÁREA TEMÁTICA 8. Feminismo e Agroecoloxía

3. DIMENSIÓN SOCIOCULTURAL

As estratexias agroecolóxicas de agricultores/as e gandeiros/as baséanse en valores e cosmovisións, manifestacións do común, que intentan superar os paradigmas tecnolóxicos do capitalismo. O coñecemento tradicional labrego en diálogo con saberes e valores de xustiza e sustentabilidade forte, son un mecanismo para superar as rixideces e as exclusións propias do sistema económico dominante.

  • ÁREA TEMÁTICA 9. Agroecoloxía, coñecemento e propiedade colectiva
  • ÁREA TEMÁTICA 10. Experiencias comunitarias de desenvolvemento humano
  • ÁREA TEMÁTICA 11. Ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía

IDIOMAS DO CONGRESO

O idioma do congreso será o galego. Textos e presentacións tamén serán aceptadas en castelán e portugués. Editarase libro con ISBN coas comunicacións seleccionadas.

LUGAR DE CELEBRACIÓN

Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. Vigo. Podes encontrar información sobre a localización e posibles aloxamentos neste enlace.

MÁIS INFORMACIÓN

Secretaría do Congreso
Teléfono: 986.812.506
Enderezo electrónico: ecoecoagro@uvigo.es
Páxina web: http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica/

Fonte: webs.uvigo.es/economiaecoloxica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: