Fiare nas Festas do Barrio de San Pedro!

FBSP-xunho2014Mañá sábado, 28 de xuño de 2014, as persoas do grupo local de Fiare Compostela participaremos cun posto dentro do espazo cidadán das Festas do Barrio de San Pedro. Alí estaremos de 11 a 13:30 horas na Praza da Angustia así que poderedes achegarvos a coñecer máis sobre Fiare e aclarar todas as vosas dúbidas en calquera momento.

Como toda a mañá estará ocupada con actividades, non imos ter un espazo propio, porén cremos que ese contexto pode ser unha oportunidade para manter contacto coa xente que formamos parte da cooperativa ou que está interesada no proxecto, nun ambiente máis informal e amable que unha xuntanza polo que faremos esta interesante e frutífera posta en común ás 12:30 horas. Como podedes ver no programa que engadimos ao final, será entre unha e outra charla das que están programadas.

Aproveitamos esta ocasión tamén para invitarvos a participar nas xuntanzas dos grupos locais da vosa zona (Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense, Compostela…) xa que deste xeito é como podemos achegarnos máis a Fiare-Banca Etica e así formar parte da súa consolidación. Para manter vivo o proxecto, e máis agora que vai comezar a funcionar a operativa bancaria dun xeito pleno, é preciso manter un alto grao de participación que evite a deriva cara a un esquema de banca máis ordinario, no que funciona a lóxica profesionais-clientes, por iso estes encontros son grandes oportunidades que todos e todas debemos aproveitar e ser conscientes da singularidade desta oportunidade que temos e que fai moi diferente ser parte da cooperativa de crédito Fiare-Banca Etica.

Vémonos mañá! Animádevos!

PROGRAMA-DEFINITIVO-00_00-contorneado-page-SanPedro-xunho2014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: