Fiare en Galiza comeza con forzas o verán!

O pasado sábado, 28 de xuño de 2014, participamos cun posto de Fiare – Banca Etica no espazo cidadán incluído dentro das festas do barrio de San Pedro, en Compostela.

Esta é unha iniciativa novidosa que vén da man da reflexión da xente da comisión de festas sobre a masificación destas nos últimos anos. O obxectivo para este 2014 foi evitar a aglomeración e o sentido estritamente lúdico destas datas para diversificar espazos e actividades, cun maior peso das compoñentes social e cultural.

espazo cidadánO espazo cidadán foi un lugar de difusión dos proxectos e traballos realizados por diferentes colectivos, que incluíu tamén varias palestras e un micro aberto, no que Fiare tamén tivo un oco para presentarse.

Queremos felicitar á comisión por esta iniciativa. Agardamos que repitan outros anos xa que para nós é importante recuperar o espazo público para algo máis que o lecer ou o consumo. Para proxectos como o noso e en xeral para todo tipo de colectivos de tipo social e comunitario, é fundamental termos lugares de encontro, poder difundir e partillar ideas e alternativas sen termos que pasar polo filtro de medios de comunicación de masas ou publicidade de pago.

Só lamentar que a choiva que caeu durante as primeiras horas da mañá restase bastante xente a este espazo. Pero iso, seica é parte dos imponderables do espazo público en Compostela.

IMAG0231

Feira5xullo2014-VigoComo podedes ver na Axenda de actividades os encontros onde compartir experiencias de economía social e solidaria, de finanzas éticas, de alternativas culturais… non rematan co mes de xuño, continúan durante todo o mes de xullo; e, para mostra, no que podedes participar na primeira fin de semana deste mes que acaba de comezar:

Seguiremos informándovos de moitas novidades que seguen acontecendo en Galiza no mundo das finanzas éticas.  Participa!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: