Derradeiros pasos cara á nova etapa

Derradeiros pasos cara á nova etapa

Xullo, 2014

Nestes días logrouse outro fito importante no camiño cara á apertura da sucursal de Fiare – Banca Etica no Estado español. O Banco de España outorgou oficialmente a inscrición no rexistro de entidades financeiras co número 1550.

A apertura da sucursal é o resultado dun traballo de 10 anos desenvolvido por Fiare, que desde o 2004 foi o punto de referencia dun movemento de miles de persoas e organizacións que traballan para construír un modelo de banca democrática e transparente. Grazas ás actuais 5.000 persoas socias está a materializarse o soño de crear unha institución financeira ética e cooperativa cunha dimensión europea.

O que podemos comunicar hoxe é unha etapa fundamental do noso proxecto de finanzas éticas que actualmente está inmerso nunha conta atrás para a apertura prevista para finais de setembro, en Bilbao. Estes meses de verán estamos aproveitándoos para realizar a formación necesaria ao equipo profesional de Fiare que se encargará de asumir a nova etapa e a implantación e desenvolvemento da infraestrutura informática que permitirá dar servizo as persoas socias e clientas en todo o Estado español.

En outubro, Fiare – Banca Etica ofrecerá novos produtos e servizos ás persoas que nos últimos anos xa se converteron en clientas de Banca Etica. Posteriormente, de acordo co espírito de cooperación, mutualidade e reciprocidade que anima ao noso proxecto, porémonos en contacto cos 5.000 membros de Fiare para ofrecerlles os produtos bancarios específicos e servizos que axudaron a lograr co seu compromiso.

Na primavera de 2015 imos inaugurar oficialmente a sucursal en Bilbao e dar a todas as organizacións e persoas que queiran formar parte do noso proxecto como socias e clientas, a oportunidade de apoiar co seu aforro da economía social e solidaria no Estado español.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: