Paseniño, Fiare-Banca Etica segue tamén en verán!

Fiare-BancaEticaA 30 de xuño de 2014 Fiare-Banca Etica conta coa participación de:

21 circunscricións, máis de 100 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 –  cooperativa de servizos), apoio de 569 organizacións e de 4.612 persoas en todo o estado.

En Galiza xa somos (a 8 de xullo de 2014):

Lembrade as grandes novidades que recibimos co gallo do fin do ano 2013! e aínda máis concretas na Asemblea do 29 de marzo de 2014 en Barcelona e na Asemblea Xeral de Banca Etica do 24 de maio de 2014 en Nápoles.

Como participar:

Fiare-serNon está de máis lembrar os principios e piares que conforman a base do proxecto; son catro, ben definidos e precisos. Son froito dunha prolongada e concienzuda reflexión na que se opta por un xeito de describirse de forma positiva: afirmando polo que se está dispostos a loitar,

  1. Crédito ao servizo da xustiza.
  2. Intermediación financeira desde as redes cidadás.
  3. Acción significativa a través do aforro responsable, a participación e a transparencia.
  4. Carácter non lucrativo e interese común.

Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as aportacións económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais, etc.), a colaborarción nos Grupos de Implantación Territorial (GITs) Galiza Norte e Galiza Sur e nos seus respectivos grupos locais (polo momento en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo e Santiago), a participación desde o teu concello, etc. Polo tanto, se facer unha aportación económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler (TRIPTICO-13xunhol2014).  Comenta as túas posibilidades, fai suxerencia, etc. nos correos:  galizasur@proyectofiare.com, galizanorte@proyectofiare.com

Anímate e convértete en:

  • Socio/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións.

– Achega de capital social: persoa física, mínima de 300 €; persoa xurídica, mínima de 600 €.
– Achega de fondo perdido (fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto, alugueres, salarios…): a partir de 30 € as persoas físicas; a partir de 300 € as persoas xurídicas.

Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na cooperativa de crédito.  Faite persoa socia!

Tamén podes aclarar as túas dúbidas, formar parte de Fiare-Banca Etica, …:

Forma parte de Fiare-Banca Etica como persoa socia e axúdanos a construír esta realidade plural, cooperativa, transparente e participativa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: