Fiare en Galiza, un gran percorrido nos últimos meses!

FeiraESS-Corunha-31maio2014-IO mes de maio foi intenso polo que o seu remate (a derradeira fin de semana do mes de maio) debía tamén ser moi activo, como ben o mostra a presenza de Fiare no maratón de cine do Carballiño, no X Encontro da Rede Galega de Sementes (é moi grande a conexión das finanzas éticas cos colectivos e persoas participantes na xornada polo que novas persoas interesadas estiveron charlando e solicitaron información sobre o proxecto para valorar unirse á cooperativa.) e, por suposto, non deixamos FeiraESS-Corunha-31maio2014-actividadescrianzaspasar a oportunidade de estar presentes cunha participativa charla-coloquio na Feira de Economía Social de Coruña da que podedes ver un pequeno resumo fotográfico a continuación que dá mostra do bo ambiente e da cantidade de proxectos e persoas que tivemos a oportunidade de coñecer, recoñecer, reatopar…

FeiraESS-Corunha-31maio2014-Fiare-microFeiraESS-Corunha-31maio2014-FiarePodemos constatar que este ritmo non foi a menos, polo que o fin da primavera veu con forzas renovadas e permitiu un gran inicio do verán para Fiare en Galiza.  Durante os meses de xuño e o de xullo, persoas socias de Fiare Galiza Norte e Fiare Galiza Sur viñemos participando activamente en diversas accións de difusión e formación arredor das finanzas éticas, ben a través de mesas informativas ben como poñentes en mesas de debate e outros espazos compartidos, co obxectivo de dar a coñecer e impulsar que máis persoas e entidades se sumen á primeira cooperativa europea de banca ética, que iniciará a operativa bancaria a partires de setembro.

O 5 de xuño de 2014 fomos convidados a participar no Seminario “Experiencias de Transformación Social en Galicia. Procesos de Transición cara a Economías Responsables e Estilos de Vida Sostibles”  levado a cabo polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente dentro dun proxecto internacional promovido pola UE formado por un Consorcio europeo de 11 universidades dirixido polo profesor Ricardo García Mira.  Este proxecto que se desenvolverá ata 2016 é o de maior cuantía na historia da Universidade de A Coruña (UDC).

obradoiro-Corunha-Fiare-xunho2014-IXunto con outros novos modelos da economía social galega como Zocamiñoca, Xoaniña ou Amarante, Fiare presentou o seu modelo de funcionamento e o ideario para a transformación social dende un xeito diferente e ético de levar a cabo e enterder a actividade financieira. Na mesa redonda participaron por parte da universidade Ricardo García Mira, coordinador do  grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC; Adina Dimitru, psicóloga social e investigadora do grupo anterior; Juan, profesor da facultade de Ciencias da Educación e tres doutorandos/as: Alberto Díaz-Ayude, Isabel Lema e Elena.  A continuación tivo lugar a presentación dos obxectivos do seminario, tanto do proxecto Glamurs (supporting green lifestyles) como do proxecto Transit, os dous piares sobre as que se artella este plan. O primeiro baséase no estudo de estilos de vida verde, modelos alternativos e transicións cara á sustentabilidade e o segundo busca a través dos movementos sociais crear unha teoría de innovación social a partir do terceiro sector e como ésta pode modificar o modelo existente.  Como non podía ser doutro xeito tivemos tempo para departir os diferentes grupos sociais convidados, tanto sobre o noso traballo como dos obxectivos a conseguir para mellorar o mundo que nos rodea. Tras un intenso día de diálogo e aprendizaxe rematamos cunha breve conversa sobre puntos que se subliñaron por parte dos membros do proxecto como a transformación das relacións humanas, o impacto sobre organismos diferentes, os tipos de mensaxes que calan ou a crise como potenciador.  Como podedes ver este foi o primeiro achegamento dos moitos que virán e que levaremos a cabo tanto para afondar nas nosas ideas e argumentos como para escoitar e aprender sobre outros modelos que están a traballar en Europa e así crear un feed back que nos sirva, tanto aos/ás membros do grupo de investigación como a nós, para seguir medrando.

curso-Vigo-xunho2014-IIDurante a última semana de xuño, Fiare participou xunto con AIS O Peto e Coop57 nunha mesa redonda sobre finanzas éticas no marco do V Congreso de Agroecoloxía da Universidade de Vigo, organizado polo GIEEA (Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía). Na mesa estivo presente Peru Sasia, representante da Área Fiare no Consello de Administración de Fiare-BpE, co que ademais varias persoas socias compartiron un espazo informal para comentar as últimas novidades do proceso de integración na cooperativa de crédito, o cal segue según os ritmos previstos coa intención de iniciar a operativa bancaria despois do verán. curso-Vigo-xunho2014-IEn paralelo á charla do Congreso, ante case 200 persoas asistentes, compañeiros e compañeiras do GIT Galiza Sur entregaron información e resolveron dúbidas nunha mesa informativa sobre Fiare colocada durante o evento. Foi unha experiencia moi interesante onde varias persoas e entidades solicitaron información sobre como facerse socias da nosa cooperativa. Agardamos seguir sumando!

Tamén en época de festas Fiare ten presenza, por iso participamos desta vez nas Festas do barrio de San Pedro en Compostela e na Festa da Bouza do barrio de Coia en Vigo, organizada esta última polo Movemento Cidadán, con mesas informativas. A Festa da Bouza 2014 foi unha interesante xornada na que se compartiu espazo coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, que durante a xornada recolleu firmas para a ILP por unha Renda Básica Universal. Varias persoas e familias achegáronse á nosa mesa informativa co obxectivo de sumarse a construír finanzas éticas con Fiare.

FeiraProdutosGalegos-19xullo2014Desexamos salientar a participación cunha mesa informativa tamén en verán todos os primeiros sábados de mes (7 de xuño de 2014, 5 de xullo de 2014, 2 de agosto de 2014, 6 de setembro de 2014) na Feira-Mercado de Produtos Tradicionais Galegos que ten lugar no Barrio Alto do Casco Vello de Vigo.  Non queremos esquecer a nosa presenza o 6 de xullo de 2014, cunha mesa informativa, no IV Mercado Ecolóxico e Artesanal de Bueu durante toda a xornada e o 19 de xullo de 2014 na II Romaría de Produtos do Campo en Postemirón (Vilaboa).

Refundacion-FundacionFiare-7marzo-sedeREASEuskadi-BilbaoPouco a pouco irémosvos contando en que outras actividades estamos a participar. O verán vai pasando pero as vacacións acrecentan as forzas das persoas socias de Fiare que estamos a promover que toda a cidadanía poida achegarse, coñecer e construír tamén este fermoso e importante proxecto de banca ética. No noso calendario de actividades iremos informando de novas accións de promoción de Fiare e da Fundación Fiare.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: