Fiare con grandes novidades neste mes de setembro!

Fiare-BancaEticaHoxe comeza o mes de setembro de 2014.  Vai vir cargado de grandes novidades para Fiare Banca Etica.  Pouco a pouco iremos informándovos de todas elas.  Polo momento podedes consultar (actualizados a 1 de setembro de 2014) o documento e a presentación (ampliada e sinxela) que poden dar luz ás vosas dúbidas.  Faise referencia, entre outros acontecementos e informacións, ás boas novas do noso primeiro proxecto financiado por Fiare en Galiza desde a creación da asociación Fiare Galiza e de que o Banco de España outorgou a Fiare Banca Etica a inscrición no rexistro de entidades financeiras co número 1550.

Lembrámosvos que Fiare son as siglas da “Fundación Inversión e Aforro Responsable” (Fiare) que é unha fundación sen ánimo de lucro creada no ano 2002 por 62 organizacións de cooperación e reinserción social para fundar un banco social e alternativo en Euskadi, e que se convertiu nunha iniciativa en rede a nivel estatal. Dende o ano 2005, Fiare estaba funcionando cun contrato de axente exclusivo de Banca Popolare Etica, S. Coop. (BpE) no Estado español. Nestes momentos estamos no proceso de integración con esta cooperativa de crédito sen ánimo de lucro con 15 anos de historia que permitiu a constitución dunha cooperativa de crédito europea polo que xa somos Fiare Banca Etica.

No proceso actual estanse unindo capital e bases sociais. Ao longo do ano 2013 conformouse a nova estrutura territorial e organizativa de Fiare Banca Etica, resultante da adaptación ao formato da BpE. Na asemblea de Fiare Galiza do día 19 de xaneiro de 2013 celebrada en Teo, formáronse as dúas circunscricións de Galiza (Fiare Galiza Norte e Fiare Galiza Sur) cos seus respectivos Grupos de Implantación Territorial ou GIT (GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur), que serán os órganos de coordinación no territorio galego.

Fiare Banca Etica ofrecerá unha alternativa moi esperada a miles de persoas en Galiza, defraudadas coas prácticas da banca tradicional, ou que queremos unha entidade que cumpra todas as funcións básicas da banca -depósitos, domiciliacións, transferencias, pago con tarxeta-, pero coa máxima transparencia e coa seguridade de que o noso diñeiro non alimentará procesos especulativos nin servirá para financiar proxectos escasamente éticos. Non só iso, os cartos que xa manexa e manexará Fiare Banca Etica serven para financiar cada ano moitos proxectos ligados á economía social, á agricultura ecolóxica, á cooperación ao desenvolvemento ou á actividade produtiva de cooperativas.

Fiare, polo tanto, leva anos funcionando como entidade financiadora de proxectos transformadores, sendo nos últimos tempos de gran axuda para moitas cooperativas ou pequenas empresas. Esta necesidade púxose claramente de manifesto ultimamente, neste momento en que o acceso ao crédito de moitas persoas e organizacións viuse severamente restrinxido e no que o número de solicitudes de financiamento que recibiu Fiare aumentou moi significativamente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: