As finanzas locais alternativas artéllanse nunha estratexia común

Domingo, 21/09/14

Lugar da noticia:  Porto de Santa María, Cádiz.

Encontroentidadesparabancarias-set2014-IA rede estatal de finanzas alternativas e solidarias, que agrupa a organizacións do estado español (Andalucía, Castela e León, Cataluña, C. Valenciana, Estremadura, Navarra e Galicia), celebrou o seu terceiro encontro no Porto de Santa María (Cádiz).

Estas iniciativas promoven a utilización do aforro de persoas que se comprometen a prestalo a proxectos de economía solidaria. Estas axudas abarcan desde o apoio a empresas para o sostemento e a creación de emprego e autoemprego estables, até a cobertura de necesidades básicas de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Durante a pasada fin de semana, os días 20 e 21 de setembro, representantes de once organizacións, que agrupan a medio centenar de entidades, reuníronse para compartir experiencias e seguir traballando no proceso de confluencia iniciado fai xa tres anos.

O programa de traballo incluíu o circuíto das finanzas locais alternativas, as posibilidades e límites da actividade parabancaria no marco das finanzas éticas, e a súa vinculación e sinerxía no sistema de finanzas construído desde Fiare Banca Etica.

Estas iniciativas de financiamento alternativo enmárcanse no denominado mercado social, que conecta a produtores, distribuidores, consumidores e financiadores en redes de apoio mútuo. Ademais, potencia a visibilidade, a lexitimidade, a viabilidade e a sustentabilidade destas alternativas solidarias de transformación económica e social.

A economía solidaria comparte os principios de equidade, traballo digno, sustentabilidade ambiental, cooperación, sen ánimo de lucro e compromiso coa contorna. A actividade financeira é un elemento clave no soporte a este tipo de iniciativas.

Baixo estes criterios, este encontro de traballo posibilitou o acordo para a constitución como asociación estatal das finanzas alternativas e solidarias, e a súa incorporación á Fundación Fiare.

Encontroentidadesparabancarias-set2014

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: