“Algún músculo máis. O corazón de sempre”

cuantas-cosas-se-mueven-estos-dias-entre-nosotros29 Setembro 2014

Cantas cousas se moven estes días entre nós!

Hai apenas un mes tivemos un interesantísimo encontro de comisións de avaliación éticosocial. O noso Comité de Ética, a nosa base social e o noso equipo profesional debatendo sobre criterios, metodoloxía, procesos de avaliación, coordinación… Pouco despois, reuníase no Porto de Santamaría a rede de Finanzas Locais Alternativas, que tomaba a decisión de incorporarse á Fundación Fiare para seguir participando desde dentro no noso Sistema.

E estes últimos días? Moitos/as o estades vivindo directamente: encontro de coordinadores/as e responsables de comunicación de grupos locais; Padroado da Fundación; derradeira xunta de Fiare, SL, a ferramenta que viñemos utilizando na nosa fase de axentes, onde fomos construíndo o proceso de integración na cooperativa de crédito de Banca Popolare Etica, creando esa realidade que hoxe xa é Fiare Banca Etica.

Peru-pechexornada-Bilbao-GITs-28setembro2014

Peche do encontro de representantes dos GITs en Bilbao (28 de setembro de 2014).

Estes últimos encontros tivémolos en Bilbao, aproveitando a apertura da oficina. E aproveitabamos esta circunstancia para empezar lembrando no encontro de Grupos Locais [a pasada fin de semana, 26-28 de setembro de 2014, imaxe da esquerda] que a apertura da oficina en Bilbao non ten ningunha lectura localista posible. Máis ben ao contrario, reflicte un esforzo realizado por moitísima xente desde Badaxoz a Milán, desde Valladolid a Bolonia, desde Santiago a Nápoles, desde Pamplona a Roma, desde Barcelona a Palermo, desde Madrid a Florencia, desde Bilbao a Padua…

FiareBancaEtica

Sede central de Fiare Banca Etica, Bilbao.

Con esta apertura o 1 de Outubro e o comezo das nosas operacións como entidade bancaria establecida, iniciamos unha nova fase. Unha nova fase que encerra os mesmos retos de fondo que alumaron o proxecto fai máis de dez anos. É certo que agora podemos ofrecer á cidadanía os produtos financeiros típicos de calquera outra entidade, pero non podemos esquecer que, con iso, seguimos avanzando na construción dun proxecto cuxo maior valor son as relacións, e ese é o seu principal elemento de alternativa.

GITGalizaNorte-GITGalizaSur-Bilbao-set2014

Representantes do GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur, Bilbao, 27 de setembro de 2014.

Cambian as nosas direccións en Internet. Xa non somos “proyectofiare.com”, somos “fiarebancaetica.coop”. Unha metáfora do importante paso que estamos a dar estes días, aínda que a algúns nos siga gustando falar dun “proxecto” vivo, dinámico, atento á realidade… Sabemos que este novo escenario conserva os retos que inspiraron a construción cooperativa que, desde Italia e desde o Estado español, deu lugar a unha realidade europea que nos pertence a todos/as.

Sabemos que as cuestións clave seguen aí: como organizarnos, como reforzar a participación, como incorporar a perspectiva de xénero, como incorporar a xente nova, como relacionarnos coas organizacións que queren comprometerse neste camiño de construción dunha banca ética de forte arraigamento cidadán… En definitiva, como reforzar unha lexitimidade que, non o esquezamos, aséntase na nosa capacidade de crear condicións máis xustas na nosa contorna. E iso, hoxe, non cambiou. A web, a imaxe, as instalacións, poderán ir cambiando (deberán facelo), pero os retos de base seguirán aí. E iso non nos frustra, senón todo o contrario, é o que dá sentido a cada paso que damos. Celebremos o momento, que merece a pena.

Peru Sasia
Conselleiro da Área Fiare

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Peru Sasia e Mario Costra co equipo de profesionais de Fiare Banca Etica, 27 de setembro de 2014, Bilbao.

Peru Sasia e Mario Costra co equipo de profesionais de Fiare Banca Etica (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Vicente, Clara, Mario, Peru, Juan, Àlvar, Laura, Albert, Jordi, Itzi, Alberto), 27 de setembro de 2014, Bilbao.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: