Benvidas e benvidos a Fiare Banca Etica!

bienvenidos-fiare-banca-etica29 de setembro 2014.

Este outubro abre as súas portas en Bilbao a primeira sede de Fiare Banca Etica, sucursal de Banca Popolare Etica no Estado español. É un fito importante resultado de 10 anos de traballo das 5000 persoas membros de Fiare, que se comprometeron a difundir a cultura das finanzas éticas en todo o territorio.

Un resultado posible grazas á experiencia de Banca Popolare Etica, que tras 15 anos de traballo en Italia e case 2 millóns de euros en préstamos a 23.500 proxectos de economía social e solidaria, comeza a operar noutro país.

Un banco cooperativo de referencia en Europa

Agora somos un banco cooperativo de referencia en Europa con máis de 36.000 persoas socias entre Italia e o Estado español.

Fiare Banca Etica quere ser unha ferramenta ao servizo da transformación social, a través do financiamento de proxectos da economía solidaria e a promoción dunha cultura de intermediación financeira baixo os principios da transparencia, participación, democracia e o acceso ao crédito como dereito.

Garantimos a nosa xestión democrática e compromiso ético coa participación de persoas socias baixo o principio de “unha persoa, un voto”. Toda a nosa estrutura vive grazas a persoas socias que se organizan a nivel local, para traballar a actividade cultural, a interacción coa estrutura operativa, a avaliación ético-social das solicitudes de financiamento e a identificación das necesidades do territorio en relación aos servizos bancarios.

O traballo que nos espera

A partir de hoxe e durante os vindeiros meses esforzarémonos por ofrecer produtos e servizos novos e mellores aos/ás nosos/as clientes/as destes 10 anos de Fiare Banca Etica. Seguindo o espírito de cooperación e reciprocidade que anima ao noso proxecto, porémonos en contacto coas 5.000 persoas membros de Fiare para ofrecerlles aqueles produtos bancarios específicos e servizos que axudaron a lograr o seu compromiso.

Mantente informado

O noso blog será a ferramenta que irá informando do día a día de Fiare Banca Etica, das historias das organizacións que financiamos a través de aforros, da nosa posición sobre os temas da economía solidaria e da actualidade.

Para manterte informado sobre Fiare Banca Etica podes subscribirte ao noso boletín de noticias, seguirnos en  Twitter ou darlle ao Gústame da nosa páxina de Facebook

Para obter máis información, por favor non dubides en contactar con nós ou cos Grupos de Iniciativa Territorial (GITs) das nosas persoas socias no territorio.

Fonte: Fiare Banca Etica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: