Xornada informativa sobre Fiare Banca Etica

cartaz_ xornada_informativa-18out2014Fiare Banca Etica nace grazas ao impulso de persoas e organizacións que queremos construír unha cooperativa de crédito inspirada nos principios das finanzas éticas.

Grazas aos depósitos de aforro financiamos proxectos vinculados á loita contra a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía, o comercio xusto e os valores transformadores. Trátase de poñer en mans da cidadanía o control sobre o bo uso dos seus cartos e no que a intermediación financeira dirixa os seus esforzos cara ás persoas e entidades que traballan en proxectos e actividades que xeran un impacto social positivo e rexeneran a sociedade.

Estamos nun momento de grandes novidades que queremos compartir con todas as persoas socias por ter confiado neste proxecto que xa é unha realidade. Por iso o sábado 18 de outubro de 2014 queremos invitarte a participar nunha Xornada Informativa sobre Fiare Banca Etica.  Terá lugar no Salón de actos da Deputación de Lugo de 10 a 14 horas.  O programa é o seguinte:

  • 10:00h: Recepción, inauguración e presentación da xornada a cargo dun/dunha representante da Deputación e outro/a do Grupo Local de Lugo.
  • 10:15h: “A necesidade dunhas finanzas éticas na situación actual” por Gonzalo Gesto Quiñoy (secretario da asociación Fiare Galiza).
  • 10:45h: Documental “Finanzas éticas, o proxecto Fiare”.
  • 11:15h: “O momento actual: que é a Fiare Banca Etica?”, por Esteban González Bernárdez (coordinador do GIT Galiza Norte).
  • 12:15h: Pausa-café.
  • 12:35h: “A operativa bancaria de Fiare Banca Etica”, por Juan Garibi (director de operacións de Fiare Banca Etica).
  • 14:00h: Peche da xornada (representante da Deputación de Lugo e do Grupo Local de Lugo).

Tes máis información:

1-oficina-26set2014

Sede central de Fiare Banca Etica, Bilbao.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: