Entre novidades e dificultades, ilusión

Á dereita, Vicente, parte do equipo profesional de Fiare Banca Etica, na oficina de Bilbao.

Á esquerda, Vicente, parte do equipo profesional de Fiare Banca Etica, na oficina de Bilbao conversando cunha persoa socia.

Este primeiro mes foi probablemente o máis complicado da nosa historia.  Pensabamos, quizais, que o paso de axente a operativa con establecemento ía volver todo máis fácil e automático de forma inmediata.  Con todo, atopámonos cunha chea de novidades que dixerir, sistematizar e procedimentar.  Abonar o primeiro cheque, certificar a primeira conta ante unha administración, a primeira solicitude de cambio de titularidade por defunción…  Cuestións que son o día a día de calquera entidade, tiñan que ser feitas por primeira vez e ver que todo funcionaba.  Igualmente, a posta en marcha dunha nova web, co seu boletín de noticias, permite unha mellor e máis fluída comunicación coa sociedade.  Con todo, só chegamos a tempo na versión en castelán.  Nos primeiros días de novembro xa se habilita a sección para persoas e organizacións clientas, cos diversos idiomas, que se irán incorporando á web principal o máis axiña posible.

Mentres tanto, recibimos este mes [outubro de 2014] máis de 300 correos electrónicos de persoas e organizacións pedindo información, para abrir unha conta, solicitar un crédito, converterse en persoa socia.  Vímonos desbordados/as por esta demanda, que tentamos ir resolvendo como puidemos.  A pesar de que decidimos non facer publicidade da nosa actividade para evitar estas situacións, parece que as redes sociais e as comunicacións informais persoa a persoa superaron os cálculos previos.

Despois deste primeiro choque de realidade do que saímos vivas e vivos grazas á motivación do persoal, ao apoio da nosa base social e á renovación do seu compromiso nesta nova fase histórica, agora toca recuperar o sentido da realidade, marcado polas prioridades que xa nos determinamos previamente:

  • Atención prioritaria á nosa base social e ás persoas e organizacións que eran clientas con antelación, para adecuar a súa situación á nova realidade.
  • Procura de ampliación do noso financiamento a partir das organizacións coas que xa traballabamos previamente neste tipo de produtos/servizos.

Tras consolidar o que xa tiñamos traballado, iniciaranse nos vindeiros meses, dúas liñas de traballo adicionais, coas máis de 5.000 persoas e organizacións que constituían a nosa base social previamente; converter o seu compromiso na compra formal de accións de Banca Popolare Etica, e abrirlles as posibilidades de comezar a operar coa nosa nova oferta de servizos a través de internet.

Nese camiño, tentaremos acompañar da mellor maneira posible aos grupos de persoas socias por todo o territorio, tentando que a súa ilusión nos transmita a motivación e pulos necesarios para poder seguir adiante con esta inmensa tarefa.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: