O poder da loita colectiva

bombero desahucio en juzgadosHoxe, xoves 13 de novembro de 2014, ás 12.00 horas vai ter lugar no Edificio Proa de A Coruña a rolda de prensa, convocada por Stop Desafiuzamentos A Coruña, na que Roberto Rivas, bombeiro de A Coruña que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, falará con motivo da sentenza que o condena ao pagamento da sanción por ‘infracción administrativa” e por “provocación de reaccións no público que alteran ou poden alterar a seguridade cidadá”. 

A continuación, compartimos con vós as súas palabras nas que expresa o porqué da súa decisión de abrir unha conta en Fiare Banca Etica (a primeira en Galiza nesta nova etapa) como resposta para poder sufragar as multas impostas non só a el:

“Son Roberto Rivas, bombeiro da Coruña sancionado por negarme a colaborar nun desafiuzamento aínda que despois, se me xulgara por algo totalmente diferente, ‘alteración das masas’.

Bombeiros apoian ao seu compañeiro Roberto Rivas @gzcontrainfo
Bombeiros apoian ao seu compañeiro Roberto Rivas
@gzcontrainfo

A día de hoxe e despois de ver a sentenza teño que acatar a sanción imposta. Isto non é un xuízo contra min, é unha persecución contra todas as persoas que loitan contra todas as inxustizas legais establecidas, ás que moitas de nós denominamos terrorismo institucional.

Non vou recorrer a sentenza porque cremos, que non paga a pena perder o tempo en seguir aportando probas, buscando brechas xurídicas que avalen a miña inocencia.

Non cremos neste proceso, son culpábel de desobedecer e non colaborar nun desafiuzamento pero inocente de alterar ou incitar as masas. Porque o que REALMENTE ALTERA AS MASAS, son os desafiuzamentos en si e non calquera tipo de acción individual ou colectiva.

Por todo isto e aínda que nun principio non quería recibir ningún tipo de axuda, por mor das numerosas mostras de solidariedade recibidas creo convinte aproveitar isto para apuntalar os moventos sociais que realmente están traballando a prol da cidadanía, e por isto que abrín unha conta en Fiare Banca Etica onde se recibirán as achegas para sufragar as multas impostas a todas as persoas que ese día estaban loitando para que non se levara a cabo o noxento desafiuzamento de Aurelia Rey.

Nº de conta FIARE BANCA ETICA:  ES81 1550 0001 2100 0067 9324 “

Máis información: Stop Desafiuzamentos A Coruña

Unha resposta

  1. […] O poder da loita colectiva. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: