A Administración Pública máis preto de Fiare Banca Etica

20 Novembro 2014

A crise económica mostrou a cara oculta das finanzas convencionais para moitas organizacións, empresas e tamén para as Administracións. Estamos a velo co achegamento nos últimos tempos de diferentes tipos de Administracións que queren pór o seu granciño de area na construción de alternativas reais no campo das finanzas.

administracion-publica-mas-cerca-de-fiare-banca-eticaNo último mes, a Deputación de Lugo asinou un convenio de socios con Fiare Banca Etica. A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación Provincial de Lugo “achegará fondos, de forma que pasará a ser un dos máis de 37.000 asociados cos que conta Banca Popolare Etica en toda Europa, 5.000 deles en España” e asegurou publicamente que “esta aposta por unha banca alternativa á convencional” responde ao obxectivo da Deputación de situar ás persoas no centro de todas as políticas públicas”.

Tamén durante o mes de outubro o Concello de Urretxu e Fiare Banca Etica asinaron un convenio de colaboración polo que o Concello pasa a ser socio de Fiare Banca Etica en Gipuzkoa. No acto de presentación por parte de Fiare interveu Periko Etxeburua coordinador do Grupo de Intervención Territorial (GIT) na circunscrición e o Director da operativa bancaria Juan Garibi e por parte do Concello de Urretxu a alcaldesa Oihane Zabaleta. O Concello de Urretxu é o número doce dos que se teñen sumado, ata o momento, á colaboración coa Banca Etica en Gipuzkoa.

Nas Illas Baleares varios concellos tamén deron o paso de apoiar un proxecto cooperativo deste tipo durante este semestre. O alcalde de Esporles, Miquel Ensenyat, e o vicepresidente do Grupo de Iniciativa Territorial (GIT) de Illes Balears, Alexandre Duran, asinaron no principio do ano un convenio de colaboración, polo cal o Consistorio entrou como socio. Pola súa banda, o grupo territorial de Illes Balears resaltou a importancia deste acordo que reforza a construción dunha entidade de intermediación financeira que traballa para a transformación social e a sustentabilidade. Ademais, achega a visión das administracións locais e agranda a base social da cooperativa, que actualmente conta con 4.856 persoas socias, das cales hai 525 entidades e administracións públicas de todo o Estado español. Tamén na illa durante este ano fíxose socio o Concello de Santa María. Rosa Vich a súa alcaldesa afirmou no acto de firma “agora máis que nunca é necesario ter un sistema financeiro responsable e ético, e desde o Concello de Santa María queremos achegar o noso granciño de area para dar a coñecer e participar activamente nesta cooperativa financeira cidadá e ética”.

Actualmente en Fiare son máis dunha trintena o número de administracións socias no conxunto do Estado e esperamos que o sexan moitas máis no futuro.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: