Fiare no I Congreso Internacional de Economía Solidaria

fiare-en-el-congreso-internacional-de-economia-social-y-solidaria3 Decembro 2014.

A derradeira fin de semana do mes de novembro tivo lugar o I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria (ESS) en Zaragoza. O evento, que reuniu aos principais axentes da Economía Social e Solidaria para discutir os principais retos e oportunidades de futuro, superou os obxectivos de participación da organización con máis de 600 persoas inscritas nas máis de 30 actividades repartidas en nove localizacións por toda a cidade.

“Cando a economía se atopa coas persoas cambiamos o mundo”: Esta lema marcaba as conferencias, talleres, mesas redondas e de experiencias, sesións técnicas, os espazos “meeting” e “Me cambio” dos 4 días do evento.

Durante estes días as persoas participantes puxeron sobre a mesa novos retos de futuro como definir novas formas de traballo, produción e reprodución; xerar formas de resistencia, de coidados, afectos e saberes; identificar as debilidades e descubrir as forzas de poder de cada persoa para crear o cambio; animan a seguir creando movementos de contrapoder popular de base e na rúa; expoñen as potencialidades das moedas sociais e da banca ética, e un longo etcétera de experiencias, prácticas e coñecementos.

Actividades do encontro

Fiare Banca Etica estivo presente cada día en diferentes mesas redondas e conferencias. Peru Sasia participou en “As finanzas éticas, unha ferramenta ao servizo da economía solidaria. Presentación da Mesa de Sistema de Finanzas”, Clara Soler en “Retos das finanzas éticas: As finanzas éticas e a construción de mercados sociais?” e Juan Garibi en “Retos das finanzas éticas: Converter o aforro en crédito”.

Ademais Fiare tamén participou nos espazos “Cooperativismo en consumo para abrir novos sectores e xerar nova oferta; retos de escalabilidade das innovacións cidadás en consumo” e “Financiamento con novos instrumentos: micromeceznagos a pequena escala de proxectos de transformación social”. Todos con gran éxito de participación, moito interese e público especializado.

MeCambio.net

“Sentes que tras os bens e servizos que usas na túa vida cotiá (electricidade, banca, móbil, comida, roupa, etc.) só prevalece maximizar beneficios? Hai alternativas!”. Baixo esta premisa definiuse o espazo MeCambio.net, onde tamén se presentou Fiare. A través de micropresentacións de 8 minutos dábanse a coñecer de primeira man provedores que promoven formas de consumo e produción máis sustentables, xustas e democráticas.

Entrega de Premios ás entidades da Economía Solidaria

O programa do Congreso finalizou coa Gran gala de premios a entidades da Economía Social e Solidaria onde Fiare Banca Etica recibiu o premio “Democracia e intercooperación económica” (dirixido a entidades pioneiras no desenvolvemento de boas prácticas de democracia e cooperación económica, xa sexa dentro das súas propias organizacións e/ou establecendo relacións de intercooperación con outros actores).

PeruSasia-I-CongresoESS-nov2014Fiare Banca Etica foi recoñecida por “demostrar que se pode intercooperar exitosamente a nivel internacional para lograr que os instrumentos de economía solidaria sexan máis capaces a enfrontarse aos retos que ten diante”, por “xerar unha organización financeira democrática e distribuída territorialmente” xa que “é a fórmula de garantir que o diñeiro responderá a necesidades reais e un medio para favorecer a participación das comunidades no desenvolvemento da cooperativa” e por “conseguir, nos peores anos da crise, unir a vontade, a implicación, e o capital necesario de miles de persoas e centos de organizacións na creación dunha banca internacional, cooperativa, ética e cidadá”. Premio entregado por Liliana Deamicis de REAS Balears e socia de Fiare a Peru Sasia Conselleiro de Fiare Banca Etica.

Os outros premios da gala foron La Fira d’Economía Solidària de Catalunya (Premio Incidencia Política), Desmontando a la Pili (Premio Igualdade de Xénero desde a Economía), RIPESS (Premio Internacional), Som Energia e Goiener Energia (Premio do público para ambas as dúas).

Para quen non puido asistir ao Congreso podedes ver algunha das conferencias nesta ligazón http://economiameeting.net/es/directo/ e a través da rede social Twitter coa etiqueta #economíapersonas ou nos usuarios @economiameeting e @REAS_Aragon. A páxina web do Congreso: http://economiameeting.net/gl/

© Fotografías e información: Arainfo e Reas

I-CongresoESS-nov2014Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: