Unha gran experiencia para ver, vivir e compartir: Encontro de Rede, Bolonia, 28 e 29 de novembro de 2014 (en fotos)

1-Bolonia-nov2014 7 persoas socias de Fiare, a V Área de Banca Popolare Etica (ou como é coñecida en Italia: Banca Etica), fomos convidados/as ao Encontro Anual de Rede de Banca Popolare Etica en Bolonia o 28 e 29 de novembro de 2014 (a pasada fin de semana) coa celebración dos 15 anos de vida do banco, un período no que da man da ilusión e da crenza en que outro xeito de facer banca é posible, non só a través de que e como financiar senón tamén no xeito de construír e constituírse como entidade, poñendo como base e principio ás persoas, para que a sociedade sexa quen e para quen nacemos e traballamos diariamente.

2-Bolonia-nov201415 anos despois, esa idea está plenamente instalada en Italia, crecendo dun xeito permanente e sendo unha referencia da base social, económica e política; sempre sen perder a identidade. Exemplo disto foi a presentación de novas ferramentas como a plataforma de “crowfunding Produzioni dal Basso” ou a plataforma “Socios en Rede”, baseada na mutualidade interna.

3-Bolonia-nov2014Para os/as membros de Fiare Banca Etica é especialmente emocionante enchouparnos desta realidade xa que podemos ver o noso futuro feito3a-Bolonia-nov2014 presente; o soño do que queremos ser, cara a onde queremos ir, o xeito en como medrar… Son soños nos que cremos feitos realidades ao noso carón, como nunha familia na que descubrimos nos pasos do noso irmán/á maior o camiño para converternos no que queramos, onde todo é posible e a única fronteira é a dos nosos soños.

4-Bolonia-nov2014Ugo Biggeri, presidente de Banca Etica, fixo a presentación do plan estratéxico para o trienio 2015-2017, sempre lembrándonos que esta é a base pero que o noso banco é algo vivo, que somos os donos/as do noso destino e que crendo en nós mesmos/as chegaremos onde queiramos. Neste futuro próximo dous aspectos nos que temos que traballar son tanto a nova GOBERNANZA de Banca Etica como o noso papel na nova economía a partires da reflexión baseada no noso novo manifesto e no traballo do Laboratorio de Nova Economía.

4a-Bolonia-nov20145-Bolonia-nov2014Unha parte moi importante deste encontro foi lembrar a idea pola que naceu Banca Etica, que estes principios que son a nosa esencia dende o comezo sexan tamén o que nos defina no futuro. Esta foi a idea principal5a-Bolonia-nov2014 da xornada do sábado na que diferentes poñentes falaron e expuxeron o noso proxecto de presente e futuro baixo unha verba clave. Legalidade, Paz, Colaboración foron algunhas desas verbas que serviron como base para falar, presentar e atoparnos, sentir e facer 5b-Bolonia-nov2014sentir por que somos unha banca diferente, que é o que nos fai especiais e que esa sexa sempre a esencia que nos faga traballar na mellora do noso entorno, no que consigamos que verbas como as anteriormente mencionadas, ou outras como Amor ou Confianza sexan a base das finanzas e do financiamento.

6-Bolonia-nov2014Nestes dous días en Bolonia puidemos sentir a importancia do noso proxecto, sentimos por parte dos nosos compañeiros e compañeiras italianos/as unha acollida marabillosa na que máis aló de distancias xeográficas está a cercanía das persoas, e esta é a base deste proxecto. Como exemplo disto foi a presentación da web na que todas as linguas estaban presentes.

7-Bolonia-nov2014Un agradecemento por facernos sentir tan ben acollidos/as, tan arroupados/as, tan ben recibidos/as e esperamos que pronto voltemos a atoparnos para seguir facendo MÁIS BANCA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: