O 2014 Banca Popolare Etica (ou Banca Etica como é máis coñecida en Italia) celebrou os seus primeiros 15 anos de vida e para esta ocasión mediu o impacto social obtido nestes anos. Este estudo centrouse unicamente no impacto social do financiamento concedido.
Principais resultados
En 15 anos Banca Etica:
- Concedeu en total 23.804 financiamentos a familias e empresas sociais; por un total de 1800 millóns de euros;
- O 70% de financiamentos concedidos por Banca Etica foron para Entidades Non Lucrativas (en oposición ao 1% de media do sistema bancario italiano). Nos últimos anos Banca Etica foi financiando, progresivamente, tamén a algunhas empresas socialmente responsables.
- Os tipos de xuros aplicados por Banca Etica nos préstamos a clientes/as son, de media, máis baixos respecto aos do resto do sistema bancario.
- Tamén os tipos de xuros para as persoas aforradoras son máis baixos respecto dos do resto do sistema bancario, aínda que a pesar disto, a confianza depositada polas persoas aforradoras continuou crecendo: en 2013 o aforro captado medrou nun 11%, mentres que para os outros Bancos rexistrouse unha redución xeral do -1,9% .
- Apoiou a empresas sociais e a familias nas 20 rexións italianas.
As organizacións e as empresas que recibiron financiamento de Banca Etica nestes 15 anos recibiron de “Altis” un cuestionario no cal saíron as seguintes cuestións:
- O 63% dos suxeitos financiados/prestatarios opina que a colaboración con Banca Etica supuxo un crecemento na súa capacidade de traballar en rede. Factor que consideraron importante os/as mesmos/as clientes/as. É precisamente esta rede, capaz de reforzar e ampliar as accións de pequenas e virtuosas organizacións italianas no campo da economía social, un dos factores principais que caracteriza a visión económica de Banca Etica.
- O 62% afirma que a colaboración con Banca Etica permitiulles revalorizar as capacidades dos/as seus/súas traballadores/as.
- O 53% considera que a colaboración con Banca Etica permitiulles aumentar a motivación dos/as seus/súas traballadores/as.
- Para o 52% o dirixirse a Banca Etica permitiulles crear novos postos de traballo.
- Para o 51% o financiamento de Banca Etica lles permitiulles aumentar a súa renda.
- O 44% dos/as clientes/as que recibiron financiamento, consideran que conseguiu un aforro económico grazas a Banca Etica.
Aquí podedes descargar un resumo do estudo.
Fonte: www.fiarebancaetica.coop
Filed under: Banca Popolare Etica,Economía solidaria e social,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ |
Deixar unha resposta