Grandes novidades nos derradeiros encontros dos GITs galegos do ano 2014

Xuntanza do GIT Galiza Sur, 2 de decembro de 2014, Vigo.

Xuntanza do GIT Galiza Sur, 2 de decembro de 2014, Vigo.

O martes, 2 de decembro de 2014 en Vigo no local de Proclade (foto da esquerda), e o sábado, 6 de decembro de 2014 na Coruña no local de Zocamiñoca (foto da dereita), puidemos participar nas derradeiras xuntanzas dos dous GITs galegos: GIT Galiza Sur e GIT Galiza Norte, respectivamente.  Foron un pouco máis cativeiras do que é habitual debido a que varias persoas estaban de viaxe ou ocupadas noutros encontros pero os minutos foron ben aproveitados e deron para moito.

Xuntanza do GIT Galiza Norte, 6 de decembro de 2014, A Coruña.

Xuntanza do GIT Galiza Norte, 6 de decembro de 2014, A Coruña.

Adicamos a maior parte do tempo a comentar a información recibida sobre as últimas novidades da operativa bancaria; os vindeiros pasos a dar en temas de comunicación (con sorpresas para os primeiros meses do ano 2015); a pór en común o vivido no Encontro Anual do Sistema de Banca Popolare Etica de Bologna (28-29 de novembro de 2014) con toda a información do alí tratado ademais de compartir as experiencias vividas coas compañeiras/os e entidades italianas do Grupo Banca Etica, coas compañeiras/os da Área Fiare e tamén coas traballadoras/es da oficina de Bilbao.  Incorporamos varias persoas ao GIT e estamos pendentes de varias entidades con desexos de seguir a construír esta realidade que é Fiare Banca Etica. Por suposto, tamén deu tempo para presentar numerosas dúbidas, comentarios, inquedanzas, arelas… que foron mostradas para ser dialogadas e reflexionadas.

Como podedes ver estas foron as derradeiras reunións do ano 2014 dos dous GITs galegos pero son un paso máis para seguir traballando, participando, recreando… todo o que virá coa entrada do novo ano 2015.  Seguiremos a comentarvos todo o que os vindeiros meses traerán nos posteriores encontros… Estade atentos/as!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: