Microfides: microfinanzas para o desenvolvemento

microfides-microfinazas-para-el-desarrolloCandelaria Achulli Herrera, ten 39 anos e vive en Lambrama, rexión de Apurímac, Perú. Candelaria e o seu marido teñen catro fillos que manter e educar para o que ela abriu unha tenda de abarrotes (un ultramarinos) nunha das principais rúas comerciais de Lambrana.

Nela ademais de produtos alimenticios, vende la, zapatillas e algo de roupa. Así mesmo, para complementar a súa economía cultiva a súa chacra (o seu horto) traballando o trigo. Para sacar adiante a súa tenda e abastecela, obtivo un microcrédito de 1.000 novos soles (uns 271 €) da Cooperativa de Aforro e Crédito Os Andes da que é socia. En Microfides traballan para axudar a persoas, como Candelaria, a saír da pobreza e fomentar un desenvolvemento humano e sustentable.

Para que o anterior sexa posible facilitan o financiamento que lles permita crear e manter medios de subsistencia e xerar e acumular aforro para afrontar mellor os gastos de educación, alimentación, saúde, etc, e os riscos existentes. Fano traballando dous aspectos dunha mesma realidade social: ofrecendo préstamos a organizacións rurais e sen ánimo de lucro en países do Sur para que ofrezan microcréditos, capacitación e participación a mulleres campesiñas. Doutra banda promocionan unhas finanzas éticas, ao servizo das persoas, a través da súa colaboración con Fiare Banca Etica. O seu compromiso cunha economía real, xeradora de emprego, que busca o ben común, a xustiza e solidariedade levoulles a crear a Fundación Microfides e a ofrecer a todas aquelas persoas (físicas ou xurídicas) que compartan estes principios a sumarse a este proxecto.

Podes sumarte a este proxecto abrindo un depósito Microfides en Fiare Banca Etica e pondo os teus aforros como aval solidario dos fondos que teñen en Senegal, Perú ou Ecuador. A día de hoxe canalizaron 400.000 € para que miles de mulleres campesiñas socias de cooperativas de aforro e crédito iniciasen de forma individual ou colectiva actividades económicas para saír da pobreza. Desta forma podes facer que os teus aforros sirvan para favorecer procesos de desenvolvemento humano, económico e social.

fotomicroComo é o caso deste grupo solidario de Senegal que cultiva a horta, crían e engordan pitos e vende no mercado local. Mellorarán pouco a pouco o seu negocio e poden ir pagando así os gastos da casa e a educación dos fillos (unha delas ten dous fillos na universidade). Ademais puideron contratar dous gardiáns para evitar que lles rouben e así teñen máis tempo para elas e para participar da vida da súa cooperativa: UIMCEC.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar un comentario