10º Aniversario de AIS O Peto: 10 anos de economía ao servizo da persoa!

A vindeira fin de semana, 30 e 31 de xaneiro de 2015, as/os nosas/os compañeiras/os da Asociación por un Interese Solidario O Peto (AIS O Peto) celebran que hai xa 10 anos que se constituíron e que están a traballar por una economía ao servizo da persoa.

Por este motivo queren convidarnos a que participemos todos e todas nas distintas actividades que hai programadas e que terán lugar no Carballiño e no Colexio de La Salle de Santiago de Compostela (entrada polo patio):

  • Charla-Arcadi-Carballinho-xaneiro2015O venres 30 de xaneiro ás 17:00 horas na Casa da Cultura do Carballiño e ás 20:30 horas en Compostela hai dúas charlas (unha en Carballiño e outra en Compostela) nas que Arcadi Oliveres nos falará de “Outras crises e outras formas de saír delas”.
  • O sábado 31 de xaneiro comezarase coa Asemblea da asociación ás 17 horas. Tratarase o balance de contas, coñeceremos varios dos proxectos apoiados durante estes dez anos, haberá renovación da Xunta Directiva, falarase da participación en Fiare e da renovación de estatutos…  Contarase coa presenza de Peru Sasia, de Fiare Banca Etica, que quere celebrar connosco estes dez anos. A continuación, ás 19 horas, poderemos ver o documental “Nunca é tan escuro/Mai és tan fosc” (a estrea en Galiza será o venres 30 de xaneiro no Auditorio do Carballiño ás 20 horas), no que se segue o día a día de Arcadi Oliveres na súa loita pola xustiza social desde a economía e a non-violencia. E a partir das 21 horas teremos unha gran festa con música en directo, algo para picar, tempo para falar…

Animádevos a vir, ben a todo ou ben nalgúns momentos a celebrar estes dez anos de proxecto!!

Cartaz-AsembleaOPeto-xaneiro2015Artigos relacionados:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: