Nova conciencia sobre a economía, o desenvolvemento sostible, as organizacións e os territorios

29 Xaneiro 2015

Artigo de Sara Trindade.

nueva-conciencia-sobre-economia-el-desarrollo-sostenible-las-organizaciones-y-los-territoriosOs días 16 e 17 de xaneiro de 2015 tivo lugar o primeiro Forum de Finanças Éticas e Solidárias (FFES) en Portugal, nas instalacións da Cooperativa dos Pedreiros, na cidade de Porto.

O Forum de Finanças Éticas e Solidárias é unha iniciativa cidadá, nacida da convicción de que o desenvolvemento de instrumentos financeiros éticos é fundamental para a promoción do desenvolvemento sostible e da xustiza social.

Este encontro foi construído colectivamente por decenas de persoas e entidades que se comprometeron xuntas a pensar o futuro das Finanzas Éticas e Solidarias en Portugal. A iniciativa foi promovida por 11 organizacións, con apoio de 25 organizacións asociadas, e na que participaron un total de 380 persoas, pertencentes a máis de 150 entidades (Asociacións, ONG, cooperativas, universidades, empresas…).

O FFES 2015 é unha iniciativa pioneira e innovadora en Portugal, que creou un espazo aberto para o debate e a reflexión, mostrando e dando visibilidade tanto a iniciativas nacionais como internacionais, privilexiando e favorecendo o encontro entre experiencias ibéricas e redes europeas no ámbito da economía alternativa e solidaria. Contamos coa participación de Fiare Banca Etica, Coop 57 Galiza e a Asociación Banca Ética de Badaxoz. Destacado tamén a presenza e participación de Febea e RIPESS UE, dúas redes principais na promoción da banca ética en Europa.

Carta do Porto.  Manifesto das Finanças Éticas e Solidárias

Durante o desenvolvemento do FFES e paralelamente, tiveron lugar obradoiros nos que se presentaron decenas de proxectos sociais e ambientais, experiencias de moedas sociais, materiais didácticos e publicacións sobre ética financeira, cooperativismo…

As principais conclusións do Foro foron recollidas na “Carta do Porto. Manifesto das Finanças Éticas e Solidárias” presentada o último día, como manifesto subscrito polos promotores do encontro e aberto ás contribucións e subscrición de todas as persoas e entidades que se identifiquen co seu contido.

É neste documento onde se propón a creación dunha Plataforma de Promoción de Finanzas Éticas e Solidarias en Portugal. Esta plataforma ten como obxectivo ser un espazo de confluencia de persoas e entidades que, comprometidas coa transformación social, queren contribuír á construción de instrumentos financeiros éticos e solidarios no país.

Esta plataforma, baseada nos principios de participación, horizontalidade, transparencia, democracia, solidariedade e xustiza, comprométese a impulsar unha rede territorial de persoas e organizacións comprometidas en articular respostas de xestión do diñeiro con criterios éticos e de responsabilidade social e ambiental.

Trátase dun proxecto aberto a todas as persoas e organizacións que queiran unirse, partindo da base e adhesión ao declarado na “Carta do Porto”.

Para obter máis información podes visitar www.financaseticas.pt e/ou descargar os seguintes documentos:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: