Seguimos facendo historia en Fiare Banca Etica

Durante estas semanas estamos a dar un paso máis no camiño iniciado coa integración de Fiare en Banca Popolare Etica e a súa inscrición no Banco de España como Fiare Banca Etica: a apertura de contas correntes e o traspaso de capital social de moitas das entidades que formaban parte das respectivas asociacións territoriais.

En Galiza, tivo lugar o martes e mércores da semana pasada (o 10 e 11 de febreiro de 2015).  Este proceso supón unha renovación no compromiso de varios colectivos galegos con Fiare Banca Etica e unha gran oportunidade de poder facer uso da operativa bancaria que esta gran cooperativa de crédito en mans da cidadanía, ética e coherente nos oferta desde o mes de outubro de 2014.

Ao longo destas dúas xornadas intensivas, un primeiro grupo das diversas entidades que compoñen Fiare en Galiza (asociacións, cooperativas, fundacións, organizacións culturais, xuvenís, de montes, de infancia, de comercio xusto…) foron quen de ser pioneiras no Estado español neste proceso de migración (apertura de contas correntes e activación da compra de accións en Fiare Banca Etica).

sinatura compostela

Representantes de entidades socias con Juan Garibi (primeiro pola dereita) no local de Panxea, en Compostela.

A implicación de persoas integrantes dos dous Grupos de Implantacion Territorial (GITs), GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur, fixo posible esta primeira visita operativa do director da oficina de Fiare Banca Etica en Bilbao, Juan Garibi, que percorreu Galiza facendo paradas en A Coruña, Santiago e Pontevedra, o día 10 de febreiro; e en Vigo, Ourense e Xinzo de Limia, o día 11.

En tódolos lugares dispuxemos de persoas e espazos que acompañaron e facilitaron o encontro. Novamente, púxose de manifesto que, a pesares do  apertado da axenda, houbo tamén espazos para a convivencia e o coñecemento mutuo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERALevabamos tempo agardando que chegara este momento.  Tódalas entidades fixeron un esforzo importante por ter preparada e entregada a documentación con anterioridade. Achegáronse con moita ilusión e tamén con preguntas, dado que este é un ámbito sempre complexo. Así foi que o encontro serviu tamén para o intercambio de información,  abríndose novas posibilidades de operatividade bancaria e financiamento. Algunha das representantes das entidades valoraba especialmente o feito de que non se tivera présa á hora de  explicar tódolos detalles necesarios e que puidesen recibir a información necesaria para decidir sen sentirse apertadas.

entidades-Pontevedra

Representantes de entidades socias con Juan Garibi no local de Amarante-Setem en Pontevedra.

As entidades socias e amigas que deron este paso son: a  Asociación Fiare Galiza, a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, AIS O Peto, a Asociación Irimia, Abeiro S. Coop., Adega, Amarante-Setem, Verdegaia, Cestola na Cachola S. Coop., a Asociación Manaia, a Asociación Xuvenil Abertal, o Comité Óscar Romero de Vigo, Anse, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Dominicas e Dominicos de Vigo, o CC. Rueiro, a HOAC (Vigo), a CMMC de  Couso (Gondomar), o CDR “O Viso”.

Esta foi a primeira, pero non vai ser a derradeira visita, xa que quedan outras tantas entidades por facer o mesmo proceso. Agardamos que moitas outras poidan sumarse como novas entidades que aposten por un modelo de intermediación financeira, baseado na transparencia e a non lucratividade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: