O valor do diñeiro. Banca, finanzas e ética, máis aló do mito do crecemento

19 febreiro 32015

Ugo Biggeri ofrece un verdadeiro instrumento de educación financeira, para entender as cuestións chave na banca, as finanzas e a economía.

Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica (máis coñecida como Banca Etica), convida a pensar na economía dunha maneira máis humana, mostrando claramente como as nosas pequenas decisións son importantes. Mesmo mover unha conta corrente pode ser un acto de empoderamento, xa que o noso diñeiro quizais se estea investindo en proxectos que apoien a visión do mundo que nos non gustaría promover. A miúdo, mentres nos esforzamos por unha causa xusta, o noso diñeiro, xestionado polos bancos, está a traballar en contra de nós.

«O valor do diñeiro non está no diñeiro mesmo, senón nas persoas que o usan, nas relacións que favorece, no ben común que crea».

«Que podo facer co meu diñeiro? Como é obvio, podo facer moitas cousas e moi diferentes entre si, pero a primeira de todas é… facerme preguntas! Preguntas sobre o diñeiro, do seu significado, do seu valor, do valor que ten para nós. As preguntas sobre o diñeiro son nos nosos días, queirámolo ou non, preguntas sobre a vida» (Ugo Biggeri).

Precisamos axuda para clarificar cuestións fundamentais sobre os bancos, as finanzas e a economía. Este libro é case unha visita guiada para quen non ten unha formación económica e a miúdo cústalle comprender que é o que está en xogo nas pequenas e grandes decisións que se toman respecto ao diñeiro. El valor del dinero é un ensaio de educación financeira, un estímulo para repensar a economía en termos máis humanos e comprometidos.

Este libro «encerra a maxia de quen coñece moi ben un tema complexo, enténdeo nos seus fundamentos e é capaz de explicalo con sinxeleza e rigor. Esconde verdadeiros tesouros nas súas explicacións, preguntas, respostas, provocacións… e moitas pequenas xoias en forma de experiencias persoais do propio autor. Experiencias coas que, xa o verán, sintonizamos rapidamente, lembrando situacións similares de nosa propia vida» (Tomado do «Prólogo a la edición en lengua española», por Peru Sasia).

Ugo Biggeri

Ugo Biggeri, (Florencia, 1966) é licenciado en Física. Despois de traballar algúns anos na universidade, empezou a dedicarse ao campo ambiental e, posteriormente, ao das finanzas éticas. Na actualidade é Presidente de Banca Etica e Etica Sgr. Tamén imparte clases sobre finanzas éticas e microcréditos na universidade.

Fiare Banca Etica é un banco cooperativo de referencia en Europa. Fiare Banca Etica nace da unión de dous proxectos baseados nas finanzas éticas: Banca Popolare Etica, un banco cooperativo que traballa en Italia desde o 1999 e Fiare que opera en España desde o 2005. Ambos os dous queren ser unha ferramenta ao servizo da transformación social a través do financiamento de proxectos da economía social e solidaria e a promoción dunha cultura da intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación, a democracia e o crédito como dereito.

Datos do libro:

El valor del dinero. Banca, finanzas y ética más allá del mito del crecimiento, de Ugo Biggeri
SALTERRAE
ISBN: 978-84-293-2230-9
Páxinas: 160

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Ugo-Cristina-Peru-presentacionLibro-feb2015

En Arrupe Etxea na presentación o 18 de febreiro de 2015 do libro “El valor del dinero” de Ugo Biggeri (presidente de Banca Popolare Etica -BpE). Acompañando a Ugo están Peru Sasia (presidente da Fundación Fiare e membro do Comité de Administración de BpE) e Cristina de la Cruz (responsable do Comité de Avaliación Ética de Fiare Banca Etica e membro do de BpE). Podes escoitar unha entrevista aquí.

Nova relacionada:

debemos-pasar-de-seguidores-actores-del-cambio-se-puede

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: