Formación de coordinadoras/es dos Grupos de Iniciativa Territorial (GIT) en Rimini

formacion-de-coordinadors-de-grupos-de-iniciativa-territorial-git-en-rimini24 de febreiro de 2015

Artigo de Sergi Salavert, coordinador do GIT do VallèsReflexionando no avión de volta a casa despois do encontro de formación en Italia, pásanseme pola cabeza numerosas sensacións xurdidas da experiencia recentemente vivida xunto cunha pequena representación de Fiare Banca Etica e unha máis que notable presenza de coordinadoras/es de GITs de Banca Popolare Etica (Banca Etica). Tamén nos acompañaron varias persoas membros do Consello de Administración (CdA) así como varias responsables da área Sociocultural e referentes de persoas socias.

A boa acollida e hospitalidade recibida por parte das nosas persoas socias italianas axudou á nosa integración desde o primeiro momento. Notouse a vontade de entrelazar amizade e coñecemento, á vez que estaban atentas ás nosas necesidades. A partir da cea do venres, que favoreceu a adaptación idiomática, o sábado empezamos a formación.

Hai que puntualizar que este ano 2015 moitas das persoas participantes nesta formación eramos novas persoas coordinadoras por mor das últimas asembleas de renovación de GITs. Tendo isto presente, Nazzareno Gabrielli empezou cun repaso aos plans estratéxicos 2015-17, o plan operativo, o plan de orzamento e o plan industrial. Desta introdución destacaría o detalle co que se expuxeron 15 puntos importantes do plan operativo no cal vemos que queremos facer. Seguidamente interveu Andrea Baranes para contextualizar o momento económico italiano e europeo. Finalmente, terminamos a mañá con intervencións das persoas coordinadoras con preguntas e reflexións dos primeiros puntos do día. Neste apartado fíxose fincapé en 2 temas moi importantes, a Nova Economía e a Comunità d’Azione.

Pola tarde a formación continuou a cargo de Fabrizio Prandi e Alessandro Celoni e o primeiro punto a tratar foron os produtos de Banca Etica. Xusto neste punto poderíase dicir que, entre Fiare Banca Etica e Banca Popolare Etica hai un percorrido moi longo por facer. Non nego a envexa sa que me produciu ver toda a cantidade de produtos operativos que xa se teñen en marcha nas Áreas italianas.

Posteriormente realizouse unha pequena dinámica de grupo para coñecer un pouco os nomes e continuouse coa parte do rol da coordinación de GIT a cargo de Teresa Masciopinto e Maurizio Bianchetti. Falouse das funcións, ferramentas e aspectos chaves dunha boa coordinación, á vez que se instou a todas as persoas asistentes a participar activamente nos posteriores grupos de debate.

Nestes grupos traballáronse 3 perspectivas dos Grupos de iniciativa territorial (GIT). A relación GIT con GIT, a relación GIT coa operativa e a relación GIT co territorio. Con estas 3 frontes traballadas separadamente terminouse o intenso día coa idea de que pola mañá se terminase o iniciado o sábado tarde e se presentase a todo o grupo as conclusións de cada debate.

Un gran reto por diante

É desde o momento do debate que se percibe o gran reto que temos por diante, como Fiare Banca Etica e como Banca Etica. Este reto pódese situar en todas as esferas da cooperativa, tanto na parte operativa como na asociativa e desde o sistema de gobernanza até a captación de capital social. Sendo consciente das diferentes realidades das Áreas Italianas e a área Fiare, é xusto recoñecer aquilo que se logrou até agora, pero débese ser realista e consciente de que o camiño por realizar é moi longo aínda e, polo experimentado aquí a través dos debates, corredores e comidas, trátase dun camiño que nunca termina. E este é o gran reto que na área Fiare debemos asumir. Non hai un final de camiño e aínda así debemos seguir construíndo o proxecto con ilusión e ganas.

Temos a sorte de que este traxecto percorrémolo cunha irmá maior, unha irmá que nos ensina o camiño pero que nos anima a ser nós mesmos, respectando as nosas características e particularidades e sabendo que ao facernos maiores, ela tamén aprenderá de nós. Aquí é onde xorde unha gran oportunidade. Unha oportunidade de ser conscientes de que debemos pensar, actuar e avanzar como unha soa cousa e para isto é importante desde Fiare Banca Etica seguir reforzando o vínculo entre operativa e base asociativa porque o éxito desta cooperativa non será duradeiro se non van da man.

Desde Banca Etica levan xa uns anos traballando na Comunità d’Azione, que busca, nin máis nin menos, que xerar sinerxías entre a estrutura operativa e a asociativa despois de 15 anos de funcionamento. Nós, desde a Área Fiare, podemos/debemos xerar estes novos espazos comúns (ademais dos que temos) desde este primeiro momento no que estamos.

Para rematar, a palabra que se me repite na cabeza despois desta fin de semana é paciencia. A sociedade e tamén nós como promotores da nosa Banca Etica, anhelamos ter xa un banco 100% operativo e que ademais sexa ético, transparente, democrático, eficiente, participativo, fácil de entender… Pois se algo aprendín neste curso é que, 15 anos despois, en Banca Etica anhelan o mesmo! Que significa? Que se queremos unha banca como a descrita, hai que pagar un prezo e este págase con tempo, esforzo e paciencia.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: