Economía solidaria e economía feminista: elementos para unha axenda

Autor/a: Miriam Nobre

Papeis da Economía Solidaria pretende ofrecer ferramentas para a investigación, difusión e sensibilización cidadá desde unha mirada crítica e alternativa. Presentamos o cuarto número titulado “Economía solidaria e economía feminista: elementos para unha axenda” elaborado por Miriam Nobre activista feminista, agrónoma e mestra polo Programa de Integración de América Latina -Universidade de São Paulo-. Integra o equipo de SOF -Sempreviva Organização Feminista- desde 1993 onde desenvolve actividades de educación popular, investigación e asesoramento técnico en Economía Feminista, Agroecoloxía, Soberanía Alimentaria e Economía Solidaria. Entre 2006 e 2013 foi coordinadora do Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A economía solidaria busca responder as necesidades materiais e afectivas das persoas en base á autogestión e a reciprocidade. Contraponse á economía capitalista que ten como centro a súa propia reprodución baseada no lucro, a propiedade privada e a alienación do traballo. A economía capitalista non é a única forma de organizar o traballo, a distribución e o consumo e, aínda que, é hexemónica na nosa sociedade, a economía solidaria é vista como unha forma de resistencia á economía capitalista.

Nunha combinación de análise e práctica, a economía solidaria, en diálogo coa economía feminista, abre a posibilidade de superar fragmentacións entre produción e reprodución, entre o político e o económico e as súas prácticas constitúense como unha economía política da resistencia.

Miriam Nobre, desde a súa experiencia de traballo e activismo en Brasil, proponnos os elementos para unha axenda que abra a posibilidade doutras formas de articulación entre produción e reprodución. Neste sentido, o debate e as accións desencadeadas por colectivos feministas poden profundar nesta articulación e situar na axenda temas como a interdependencia ou a crise de coidados.

Podes descargar a continuación este Papel de Economía Solidaria nº4: papel-ESS-Ecfeminista-04

Fonte: www.economiasolidaria.org

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: