Crónica da nova visita de Juan Garibi, traballador da oficina de Bilbao, a Galiza.

16656793819_0bd44ae67c_z-1

(Foto da sinatura da documentación pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Juan Garibi é o primeiro pola esquerda.)

Entre o luns e o mércores da pasada semana tivemos unha segunda visita de Juan Garibi para continuar co proceso de traspaso das entidades socias de FiareGZ a Fiare Banca Etica. Este paso pode implicar a apertura de contas e tamén a adquisición de capital social, se os colectivos así o deciden. Polo de agora estamos a centrar os folgos neste tipo de operativa, o traspaso de persoas e entidades que xa eran socias de FiareGZ ou da territorial correspondente no Estado, á cooperativa. De feito non poderemos recoller novas persoas socias até non termos avanzado este traballo. Agardamos que sexades comprensivas co feito de que a dispoñibilidade de persoas e recursos é limitada e iso fai que as cousas leven o seu tempo. Xa o di a frase: imos lentas porque imos lonxe!

Como na ocasión anterior, Juan fixo un percorrido por diversos lugares, Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ribadavia. Desta volta algún dos colectivos cos que se reuniu foron: a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, Enxeñaría sen Fronteiras, Panxea, Adega, Abeiro, Árbore, Sinerxia, Arela, Abertal, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Dominicos, Parroquia do Cristo da Vitoria (Vigo) e Amarelante.

Á marxe destes trámites houbo tempo tamén para diversos encontros con socias dos GITs galegos, Norte e Sur, así como un contacto con persoas de A Nosa Enerxía.

En definitiva, continuamos a avanzar cara a total posta en marcha da cooperativa bancaria, a estender a súa operatividade e construír a rede que lle dea sentido e sustento, baseada nos esforzos compartidos de persoas e colectivos.

Seguimos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: