Reflexións persoais tras a inauguración da oficina de Bilbao

reflexiones-personales-tras-inauguracion-de-oficina-de-bilba31 de marzo 2015

Peru Sasia, Conselleiro da Área Fiare

Pódense facer moitas análises sobre as dúas xornadas que vivimos en Bilbao con motivo da inauguración da primeira Oficina de Banca Popolare Etica (Banca Etica) no Estado español. Podemos falar do que significou a presenza do Consello de Administración, o Colexio Sindical e o Comité de Ética neste encontro, ou da xenerosidade e compromiso da nosa base social e a nosa estrutura profesional que, vindo desde moi distintos lugares, quixeron estar nesta celebración. É inevitable recoñecer o seu entusiasmo e o seu interese por coñecer esta nova área da cooperativa, esta nova oficina, estes/as novos/as compañeiros e compañeiras…

Poderemos analizar a resposta dun Consello de Administración que, moi renovado tras as eleccións de 2013, recibiu como unha gran novidade a aposta da Banca por avanzar na dimensión internacional e asumiuna cun sentido moi alto de responsabilidade e competencia. Non poderemos esquecer, sen dúbida, a importancia que ten o intercambio de experiencias entre ambos os dous países, o valor do contacto próximo entre persoas socias pertencentes a GITs moi afastados. Falaremos, por suposto, de como estes días serviron para reforzar o contacto próximo entre profesionais, socias, proxectos… reflexionando mesmo sobre o impacto desta experiencia na mellora dos procesos operativos, hoxe algo máis difíciles coa apertura desta nova oficina…

Poderemos falar de todo isto, e seguro que o faremos estes días en moitos momentos e a moitos niveis…

Pero non quero deixar a oportunidade de propor un enfoque moito máis persoal do vivido en Bilbao, como unha nova proba de que a integración de Fiare e Banca Etica ten moito que ver coa dimensión relacional, coa construción dun proxecto conxunto de “talla humana” no que o encontro, o debate, a celebración e tamén (como non) o afrontamiento de cuestións complexas, son o substrato do que se nutre un proxecto cooperativo de Banca Etica absolutamente único.

Creo poder afirmar, por moitas conversacións tidas estes días, que as persoas que tivemos a sorte de gozar desta experiencia gardaremos a vivencia destes días na nosa memoria, sen dúbida, pero tamén (sobre todo) nos nosos corazóns.

Quédanos a esperanza (máis ben a certeza) de saber que as nosas dinámicas crearán novas oportunidades. Seguirémonos atopando, sen dúbida, en calquera lugar do noso riquísimo mapa asociativo.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: