18 de abril: Gran día de traballo e de compartir!

O pasado sábado, 18 de abril de 2015, tivemos un gran día de diálogo, de aclarar dúbidas, de compartir inquedanzas e desexos, de coñecer novas experiencias e realidades… e de moito máis como a continuación relatamos.

GITGalizaNorte-18abril2015-IIA mañá, foi a parte do día adicada á xuntanza do GIT Galiza Norte que nesta ocasión tivo lugar na cidade de Lugo, no local da cooperativa Bico de Grao. Nesta ocasión, máis que en ningunha outra polo momento, houbo que tratar unha chea de temas, xa que debido ao momento de cambios no que estamos hai moitas Fiare-Lugo-18abril2015cuestións que aclarar para poder informar correctamente a todas as persoas socias.  O vindeiro sábado, 25 de abril de 2015, vanse xuntar en Bilbao as persoas que representan aos GITs de toda a zona norte do Estado español polo que se poderán traballar alí moitos dos puntos que desexades saber.  Virán con pulos renovados e cargados de paciencia para pouco a pouco entre todos e todas irnos adaptando ás novas propostas e dinámicas.

GITGalizaNorte-18abril2015

Persoas socias presentes na reunión do GIT Galiza Norte, Lugo, 18 de abril de 2015.

Pola tarde, chegou o turno de que cinco das persoas do grupo local de Lugo nos trasladásemos a Foz para poder asistir á charla-coloquio que alí se organizaba no Salón de Actos da Casa da Cultura.  Participaron un bo número de persoas interesadas, unhas 25, e ata contamos con dous dos medios comunicación da vila (radio e prensa).  O coloquio estivo moi animado, con lugar para a reflexión colectiva sobre a información que as entidades bancarias normalmente ofrecen e saíron moitos dos temas máis de actualidade relacionados coa praxe da banca convencional.

Foz_18abril2015Respostáronse a preguntas sobre temas de transparencia e de como obter toda a información desexada, da relación con financiamentos de proxectos vinculados a temas de agroecoloxía e de desenvolvemento rural, etc.  Moitas persoas quedaron con ganas de coñecer moito máis e de seguir afondando na necesidade dunhas finanzas éticas e solidarias.

Por todo o anterior podemos dicir que se cumpriu o obxectivo proposto durante esta hora e media por estas terras da Mariña lucense:  Dar a coñecer á poboación da comarca da Mariña as liñas de acción e posibilidades de Fiare Banca Etica.

FiareBancaEtica-JuanGaribi

Información sobre Fiare Banca Etica do minuto 32 ao minuto 34.

Podes saber un pouco máis do que é Fiare Banca Etica se fas clic na imaxe da dereita (do minuto 32 ao minuto 34) e ademais podes informarte das próximas actividades ás que podes achegarte e que terán lugar na túa cidade ou vila no noso calendario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: