As finanzas éticas nos centros de secundaria da man de Fiare e FETS

5 de maio de 2015

Fiare e FETS participaron en “Cambiar a escola para cambiar o mundo”, xornadas do proxecto europeo REDDSO.

las-finanzas-eticas-en-los-centros-de-secundaria-de-mano-de-fiare-y-fetsOs días 10 e 11 de abril, no marco do proxecto europeo REDDSO, tivo lugar en Barcelona un encontro de intercambio de experiencias educativas transformadoras. O obxectivo era abrir un espazo de intercambio entre docentes, ONG e outras entidades sociais para detectar as claves do éxito no seu traballo de transformación social.

No proxecto participaron 15 entidades sociais, entre as que se atopaba a Fundación Fiare e Fets, e unha vintena de centros educativos, a maioría deles de secundaria.

En canto ás experiencias educativas, o abanico foi amplo, tocando temas tan variados como a paz, as finanzas éticas, o medio ambiente, o xénero, a interculturalidade, a sustentabilidade económica e social ou a participación cidadá e con iniciativas que van desde o Servizo Comunitario, impulsado polo Departamento de Ensino, pasando polas redes de escolas, as campañas ou as comunidades de aprendizaxe entre outros.

Todas as experiencias foron presentadas polos seus protagonistas: profesorado, entidades e nalgún caso mesmo o alumnado, que compartirán o seu proxecto pondo a atención no seu potencial transformador, na creación de sinerxías entre centros e entidades ou na identificación dos diferentes roles na implementación da educación transformadora.

A experiencia do instituto Quatre Cantons

Alumnos de Cuarto de ESO do Instituto Quatre Cantons presentaron nas xornadas o traballo realizado durante cinco semanas no centro educativo por encargo de Fiare. A presentación fixérona acompañados de Nina, de FETS e de Anna, profesora do centro.

Os mozos e mozas, da man dunha socia de Fiare Banca Etica, Maria Antonia e das súas profesoras do centro, Anna, Julia e Jordi, fixeron unha reflexión crítica sobre os bancos e o uso que se fai do diñeiro. Aprenderon que é a banca ética e os seus principios e reflexionaron sobre os seus valores e obxectivos achegándose a realidades sociais ás que non están habituados/as.

Durante este período realizaron os talleres organizados por FETS: “I o teu què saps? Diners a qualsevol preu”, a cargo de Fer e o Taller de teatro “Quina cara da moeda vols?” a cargo de David, da compañía La Nave Va.

O encargo de Fiare consistía en que os alumnos e alumnas realizasen unha campaña de sensibilización e difusión das finanzas éticas, dirixida á comunidade educativa, que se concretou en entrevistas á xente do barrio, na elaboración dunha web, trípticos e carteis anunciando unha charla informativa ás familias e ao professorado do centro.

Na charla deron a coñecer con moita claridade os obxectivos, principios e valores dos bancos éticos. Asistiron unhas 20 persoas que se mostraron en todo momento moi interesadas no tema.

Os alumnos e alumnas tamén tiveron a oportunidade de contactar e visitar algúns proxectos que recibiron financiamento de entidades de crédito éticas como Arrels Fundació, a cooperativa Cydonia, Espai Brotes… e puideron profundar nos principios, valores e obxectivos que hai detrás dos investimentos bancarios.

Esta enriquecedora experiencia reafírmanos na idea de que unha sociedade mellor baseada nos valores e principios éticos e solidarios en todos os ámbitos da vida, tamén nos aspectos aparentemente máis prácticos, como o uso do diñeiro, debe pasar indefectiblemente pola educación da nosa xente nova.

Aquí deixamos un pequeno vídeo da xornada e as páxinas webs que realizaron os distintos grupos.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: