PARTICIPAR!

8 de maio de 2015

participarPor Peru Sasia, Conselleiro de Banca Etica.

“Participar” é unha palabra moi usada, aínda que non sempre correctamente entendida. A súa raíz etimológica fai referencia a “tomar parte en algo”, a “intervir”, e mesmo o dicionario asígnalle o significado de “aviso, parte ou noticia que se dá a alguén”. Tamén pode entenderse como “cantidade de diñeiro coa que se participa nun negocio”…

Falar hoxe de “participación” na esfera económica obríganos a reflexionar sobre os diferentes matices que ofrecen estas definicións. E anímanos a pensar que concepto de participación necesitamos se queremos que a economía recupere o seu valor social. A lóxica económica actual require (e constrúe) un/unha consumidor/a que reduce a súa intervención a unha decisión de compra debidamente condicionada pola mercadotecnia e polos modelos de felicidade-consumo que se nos inculcan de forma intensiva. Poténciase un/unha consumidor/a compulsivo/a, irreflexivo/a, ignorante dos mecanismos que rexen o sistema económico e das súas consecuencias; un individuo illado (mellor que sexa así) que simplemente resolva (afirmativamente) unha especie de diálogo hamletiano: “comprar ou non comprar, velaí o dilema”.

encuentro-socis-area-fiare-banca-popolare-eticaTransformar o sistema económico e recuperar o seu valor como espazo de relacións que miran polo ben común, esixe propostas que se constrúan sobre un modelo de participación moito máis denso, con moito maior percorrido. E esixe non só consumir, senón construír o circuíto económico. Esixe participar, con coñecemento e con responsabilidade, na organización que o xestiona. Esixe colaborar coa nosa opinión e as nosas capacidades (tamén as económicas) na consolidación do modelo. Esixe atraer a outras posibles participantes, persoas e organizacións que, como nós, comparten unha visión común sobre o que debe ser hoxe a economía. Esixe entender as nosas particularidades, os elementos fundamentais sobre os que asentamos as nosas propostas concretas, as razóns que explican as cousas que facemos… e as que non podemos ou non debemos facer. Esixe, en definitiva, “ser parte” de algo que construímos entre todos e todas demostrando que é posible pensar noutro modelo de relacións baseadas na cooperación, a reciprocidade, a solidariedade cos/coas máis febles, o respecto pola natureza. Esixe formarse, atoparse, debater, tomar decisións de forma democrática, tolerar a diferenza e enriquecerse con ela.

Esixe participar nunha Asemblea [tes información dos encontros anteriores na columna da esquerda], mediante a expresión dunha opinión ou a decisión dun voto. Participar nas diversas estruturas e dinámicas que promove o noso Pacto Asociativo. Participar especialmente na consolidación dunha estrutura que, precisamente, coide a participación. Algunhas destas accións son pequenas actuacións, pero xuntas cárganse dun gran valor político, especialmente para unha cooperativa financeira que se mantén teimuda apegada á lóxica de “unha persoa-un voto” (un dos nosos alicerces fundamentais). Porque o noso modelo constrúese desde a base, desde ese tecido social que se reuniu para ofrecer á sociedade unha proposta contracultural, contracorriente. E, non o esquezamos, ese é un exercicio moi custoso e esgotador se se encara individualmente.

Obviamente, debemos respectar as circunstancias persoais e as diferentes posibilidades de participar que cada persoa teña nun momento determinado. Pero isto nunca debe impedir a implicación responsable de quen entendan que esa é a súa maneira de construír Banca Etica. Tampouco debemos conformarnos, aceptando un empobrecemento progresivo da participación. Debemos perseguir cada día esa implicación, ofrecendo dinámicas atractivas e consistentes, que sexan capaces de adaptarse aos cambios da nosa contorna social, política, cultural, normativa… sen perder esa intensidade participativa que tanto necesitamos.

Ese é o noso modelo, que construímos desde orixes distintas en Italia e no Estado español. Un modelo que é a razón fundamental pola que as persoas socias da área Fiare buscaron con entusiasmo a posibilidade de integrarnos nun proxecto común. Hoxe, xa unidos os dous proxectos, aferrámonos xuntos/as a el como unha das chaves para seguir consolidando unha banca alternativa que se constrúe en Europa, desde realidades nacionais que presentan, fronte ao sistema económico, moitos puntos en común. Un camiño difícil, pero moi estimulante. Participemos e reforcemos a participación. Diso depende boa parte do noso valor.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Tes a continuación máis información da Asemblea que terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio no Colexio Chamberrí en Madrid:

Se tes dúbidas podes escribir a galizasur@proyectofiare.com ou a galizanorte@proyectofiare.com

para-una-nueva-gobernanza-para-elegir-nuestro-comite-de-administracion_0

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: