Que supón asociarse a Fiare Banca Etica desde o Finisterrae (Galiza Sur)

As provincias de Pontevedra e Ourense conforman o territorio deste GIT [xunto co do GIT Galiza Norte (provincias de Coruña e Lugo)], que ocupa a fronteira máis occidental de Fiare Banca Etica. Un espazo cheo de contrastes, entre o rural e o urbano, cun tecido asociativo feble, en comparación con outros territorios desta V Área, cunha cidadanía que desconfía do sistema financeiro, pois foi fortemente golpeada pola crise e o abuso das entidades bancarias e onde estas singularidades tamén vén reflectidas na nosa configuración e quefaceres.

Xuntanza GIT Galiza Sur, 28 de abril de 2015, Vigo.

Xuntanza GIT Galiza Sur, 28 de abril de 2015, Vigo.

O grupo responsable deste GIT, elixido pola asemblea de persoas socias e constituído por unhas 12 persoas, articulouse, desde o seu inicio, como un equipo de traballo no que se repartiron as cargas, máis que os cargos, en función de dúas premisas importantes: dar representatividade a todos os colectivos e grupos locais implicados e que cada persoa elixise onde estar en función das súas capacidades e desexos. Trátase dun equipo mixto, novo, heteroxéneo, autocrítico, reflexivo e participativo, que consegue superar as distancias físicas que nos separan, entre as reunións presenciais, por medio dunha comunicación fluída vía correo electrónico, teléfono, whatsapp…

Cremos que case todo o noso trabaixo ten que ver cun bo plan de comunicación: externa-difusión e interna-participación. Ambas as dúas prioridades marcan a nosa traballo como GIT e actúan como impulso para outras tarefas interconectadas, como son a formación continua e o mantemento dos vínculos e canles de información co resto dos grupos e membros da cooperativa.

RedeGalegaSementes-Gondomar-9abril2015

XV Encontro da Rede Galega de Sementes, 9 de abril de 2015, Gondomar

A nosa maior actividade ad extra vai encamiñada a participar en todos os actos de difusión das finanzas éticas ás que nos convidaron. Desde a feira de produtos tradicionais, á que acudimos mensualmente na cidade de Vigo, até distintas xornadas en centros de ensinanza en grao sumo variado (secundaria, graos de formación profesional, universidade senior…) pasando pola Feira de Economía Solidaria en Pontevedra, os Encontros da Rede Galega de Sementes, o Día do Comercio Xusto ou polo Congreso Internacional de Agroecología e Agricultura Ecolóxica, organizado pola universidade e no que o pasado ano reflexionouse sobre recursos compartidos e respostas colectivas. Así, xa contamos cun número crecente de asociacións e organizacións de todo tipo que, máis ou menos sensibilizadas, si demostran inquietude e ganas de coñecernos e de traballar con nós por un cambio social.

Día do Comercio Xusto "Tira do fío", 9 de abril de 2015, Vigo

Día do Comercio Xusto “Tira do fío”, 9 de abril de 2015, Vigo

Vivimos con moita ilusión todo o proceso de integración con Banca Popolare Etica (BpE). Este paso histórico e as consecuencias da apertura da oficina de Bilbao trouxeron moitas novidades e adaptacións ao novo rol que o GIT ten que desempeñar nesta etapa. Nestes momentos estamos a redefinir os nosos obxectivos e accións, sen esquecer a nosa tarefa impulsora do proxecto no territorio.

A posta en marcha de operativa bancaria tamén xerou multitude de expectativas, tanto das persoas socias como das que aínda non o son. Cara a dentro e cara a fóra seguimos comunicando que canto maior e máis participativa sexa a base social que nos constitúa, maior será o noso campo de acción e as posibilidades de cambio que poidamos alcanzar. Por todo iso, dentro das actividades que ultimamente desenvolvemos ad intra destacariamos a colaboración coas persoas da operativa bancaria para facilitar a apertura de contas e o traspaso de capital social das entidades xurídicas de noso territorio, organizando o calendario e lugares de encontro. Esta tarefa foi ocasión moi propicia para achegarnos de novo ao tecido asociativo que nos conforma, coñecer as súas últimas actividades e necesidades e reformularlles o traballo en rede que podemos facer de maneira conxunta nesta nova etapa que se nos abre chea de posibilidades.

As persoas socias deste GIT agardan, con paciencia e confianza, que a operativa bancaria, que estamos a estrear, implantar, afiáncese e desenvólvase de manera estable; que o traspaso do seu capital social convértaas pronto en socias de pleno dereito, para poder participar na vida decisoria da cooperativa; que a integración con BpE sexa real e efectiva e todo iso sen esquecer que, máis aló da parte estritamente financeira, estamos a crear unha maneira nova de xestionar a economía e que Fiar Banca Etica é unha poderosa ferramenta de transformación social.

Cachi Vilo

Coordinadora GIT Galiza Sur

Nota: Este artigo xunto con outros tamén moi interesantes podes lelos no Boletín BancaNote (tamén aparece este e os do ano pasado na columna da dereita): BancanotE_2abril2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: