30 de maio de 2015: I Encontro interGIT na Galiza

Pasadas dúas semanas desde que tivo lugar o encontro estatal de persoas socias (Madrid, 16 de maio de 2015), e coas ganas de poñer as ideas claras e seguir traballando, os GITs da Galiza celebramos (GIT Galiza Sur e GIT Galiza Norte) unha xuntanza conxunta o pasado sábado 30 de maio cunha importante compoñente celebrativa. Arroupadas/os polas vistas da ría de Vigo dende os montes de Coiro, baixo o sol dun día case que de verán, e compartindo un aperitivo na taberna Pan de Millo; varias das persoas que conformamos os dous GITs galegos comezamos a reflexionar sobre a experiencia vivida no recente encontro estatal de persoas socias en Madrid e sobre os camiños que a partires de agora se abren ante nós.

Intergit-30maio2015-1Tras facer un breve repaso dos datos macro da cooperativa, que a pesares das dificultades sufridas amosa un alto cumprimento de obxectivos, entrouse de cheo na análise dos diversos talleres traballados en Madrid, tratando de contextualizar os mesmos na realidade galega co fin de marcar obxectivos de traballo para os vindeiros meses. Explicacións, dúbidas e aclaracións sobre a estrutura de Fiare Banca Etica, sobre o proxecto Fiare Labs e sobre a relación coas socias e a oficina se intercalaron ao longo de toda a xornada.

Tras un longo intercambio de opinións moitas foron as propostas feitas para traballar nos vindeiros meses. Achegarse ás socias, mellorar a relación coa oficina, promocionar o crédito, crecer en tecido social… Opinións diversas pero non encontradas, das que se pode extraer que, a pesar dos pesares, segue habendo ganas de construír.

Intergit-30maio2015-2E como por falar nunca hai problema, chegou a hora da comida e da xornada festiva á que non podían faltar os/as máis pequenos/as da casa. Produtos da horta, regados cun bo albariño da casa e cunha boa sobremesa para celebrar o recente aniversario de varios membros do GIT. Comida distendida que deu para seguir afondando e concretando algún dos puntos da mañá e coller as forzas necesarias para rematar o día cun baño de sol na praia de Melide, en Cabo Home, case case tocando as Illas Cíes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: