Encontro de persoas socias da Área Fiare, 16 de maio de 2015

25 de maio de 2015

Artigo de Laura López  – Responsable da Área Sociocultural

O encontro de persoas socias da área Fiare do pasado 16 de maio de 2015 en Madrid, foi un momento moi especial e enriquecedor para todas nós. Un encontro entre amigos e amigas, compañeiros e compañeiras de viaxe: socias e persoal laboral que se recoñecen desde hai tempo como parte dun mesmo proxecto de finanzas éticas e transformación social. 120 persoas (que representaban a moitas máis que non puideron acudir) que puxeron durante anos moita enerxía e ilusión no soño de ofrecer unha alternativa de Banca Etica participativa a unha base social e a unha sociedade que a reclama desde hai tempo.

Persoas con nomes e apelidos, con sorrisos e palabras de agradecemento e tamén de dúbidas por saber como podemos avanzar nesta nova e ilusionante etapa. Etapa na que temos que avanzar na integración nun sistema tan rico e complexo como é Banca Popolare Etica (coñecida en Italia como Banca Etica), e a posta en marcha da nova sucursal bancaria no Estado español.

3-AsembleaFiare-16maioEste mesmo día tiña lugar a Asemblea ordinaria de Banca Etica en Milán. Non foi casualidade, elixímolo así como un momento simbólico e desta maneira, puidemos compartir via streaming a intervención inicial do presidente, Ugo Biggeri e o saúdo en directo co noso conselleiro, Peru Sasia, a todas as persoas reunidas en Milán, que encheu de emotividade o ambiente da sala.

E con esta emoción compartida comezamos unha mañá intensa cargada de contidos sobre Banca Etica e a Área Fiare, na que xurdiron cálidos aplausos de recoñecemento para as persoas coordinadoras dos GITs e tamén para cada unha das persoas que forman o equipo profesional de Fiare, que foron presentadas unha a unha por suxestión dun socio.

Tendo en conta o programa previsto, o primeiro en intervir foi Peru Sasia, que presentou algúns fitos importantes no ano 2014 para Banca Etica: a dimensión europea coa incorporación da área Fiare, o incremento do crédito a pesar da contorna complexa, a aprobación do manifesto político, a elección do novo Comité de Ética, a consolidación da Fundación Fiare, como estrutura que une as organizacións socias de referencia da área Fiare, o plan industrial para o período 2015-1017, a concesión de varios premios (Koopera, PRICE…) . E sobre todo a apertura o 1 de outubro de 2014, en Bilbao, da Sucursal de Banca Etica.

Peru Sasia explicou as liñas mestras do documento sobre o regulamento electoral que se presentou simultaneamente na Asemblea de Milán e no que reflexionamos desde os GITs de Fiare, tímida pero responsablemente, conscientes do valor da nosa participación nestes procesos que son a alma da cooperativa.

1-AsembleaFiare-16maioJuan Garibi presentou e explicou os datos máis significativos do balance e outros datos de Banca Etica. Tamén presentou a actividade da área Fiare nun ano que foi de transición, pasando de ser unha axencia a unha sucursal (entidade 1550 no rexistro do Banco de España), indicando que hai un desequilibrio importante entre o crédito e o aforro, sendo este, o aumento do crédito, un dos retos principais porque é a ferramenta principal que ten Fiare Banca Etica para transformar a realidade.

Na nosa área (a V de Banca Etica), un dos retos este ano é o fortalecemento das nosas zonas, e cozamos a traballar niso. Debido á gran extensión territorial como é o Estado español, organizámonos en 3 zonas xeográficas: Norte, Mediterránea e Centro-sur, cada unha delas coa súa coordinación de zona, os seus GITs correspondentes e a persoa referente de socias.

2-AsembleaFiare-16maioAs tres referentes de zona: Carlos Askunze, María Antonia Bartolí e Beatriz Oliver, realizaron a presentación de cada unha das zonas e a base social que a compoñen, os obxectivos principais como zona e sobre todo os retos chave para este ano, retos que están moi relacionados co inicio da operativa e a capitalización que foi difícil tamén para os GITs, e outros retos máis relacionados co que implica a integración na estrutura asociativa en Banca Etica. Para os nosos GITs as urxencias están relacionadas con: a motivación e activación dos GITs; o traspaso de persoas socias a Banca Etica no seguinte período de capitalización; a mellora da estrutura de coordinación e comunicación coa estrutura cooperativa; e traballar na definición dun proxecto de comunidade de acción.

O sentir dos Gits: “Vivimos con moita ilusión todo o proceso de integración con Banca Etica. Este paso histórico e as consecuencias da apertura da oficina de Bilbao trouxeron moitas novidades e adaptacións ao novo rol que o GIT ten que desempeñar nesta etapa. Nestes momentos estamos a redefinir os nosos obxectivos e accións, sen esquecer a nosa tarefa impulsora do proxecto no territorio” (GIT Galiza Sur).

Na miña intervención o primeiro que fixen foi a presentación da web do Balance Social 2.0. por primeira vez en castelán. Unha valiosísima ferramenta de auditoria social, que inclúe indicadores e datos que describen o impacto social da actividade de Banca Etica e reflicte o noso compromiso de promover as finanzas éticas e contribuír a crear unha economía ao servizo das persoas e o medio ambiente.

5-AsembleaFiare-16maioRepasáronse os fitos dos últimos meses (entre eles o debate da gobernanza, a posta en marcha da operativa e o reforzo das zonas como parte importante do diagrama asociativo). E presentáronse algunhas liñas de traballo para este ano tan fundamentais como: a formación aos GITs (coordinación, comunicación, avaliación ético-social, educación financeira…); a comunicación (redes, boletíns, web-blog); contribuír na xeración e animación nas dinámicas participativas de Banca Etica (debates políticos e de participación, encontros) e a preparación para a asemblea extraordinaria de outono de Banca Etica, por primeira vez con dobre sede España-Italia, e por suposto, o desenvolvemento do proxecto de Comunidade de acción.

8-AsembleaFiare-16maioPola tarde tivemos a oportunidade de tratar en 3 grupos de traballo algúns contidos que son claves para o noso futuro, como: adquirir un maior coñecemento de Banca Etica e a súa estrutura cooperativa e asociativa, retos relativos ao reforzo da nosa comunidade de acción ou os mecanismos para seguir construíndo respostas financeiras que hoxe non podemos afrontar. Asuntos de extraordinaria importancia para a nosa base social e para a cooperativa que continuaremos traballando a distintos niveis tras o encontro.

tallercredito-16maio2015-MadridNo taller “O crédito no Sistema Fiare Banca Etica” debateuse nunha dinámica participativa, tras unha introdución sobre as experiencias da operativa bancaria de Fiare, como no novo marco proposto polo proxecto FiareLab, as novas oportunidades de creación de circuítos de aforro-crédito que poidan implicar a distintos actores pertencentes e aliados ao Sistema de Fiare Banca Etica (Cooperativa, Fundación Fiare, organizacións aliadas…).

AsembleaFiare-16maio2015-2No taller de “Comunidade de acción”, tras presentar os obxectivos comerciais deste ano (os dos GITs xa se presentaron durante a mañá), traballouse as posibilidades de crear interconexións e accións entre a operativa e os GITs para lograr un desenvolvemento tanto comercial como socio-cultural na área Fiare. Como reconstruír estas relacións con maior coordinación e aliñando obxectivos comúns en relación ás necesidades de apoio mutuo, tendo en conta en todo momento as forzas coas que contamos.

6-AsembleaFiare-16maioQuero expresar un agradecemento especial á compañeira, Teresa Masciopinto, responsable cultural da Área Sur de Banca Etica, por acompañarnos neste día, pola súa presenza, polas súas achegas e pola súa proximidade. Grazas a ela, as nosas socias puideron Coñecer Banca Etica e a súa estrutura asociativa noutro dos talleres. Nun dialogo aberto coas socias, no que se explicou a estrutura de participación na cooperativa, o diagrama asociativo e as funcións dos diferentes órganos institucionais e organismos que a forman, xurdiu un especial interese por coñecer quen compuña o Grupo Banca Etica e coñecer Etica Sgr (a xestora de Fondos, para algúns descoñecida).

E como dixo Peru Sasía: “Para unha realidade como a nosa, atoparnos cara a cara, debater ‘en directo’ a nivel de Área é unha desas dinámicas das que non podemos prescindir. Un día de traballo (longo, cansado sobre todo para quen chegue de máis lonxe)… e un tesouro para Fiare Banca Etica”. E por iso seguiremos buscando todos os espazos que fagan falta para seguir atopándonos e debatendo, espazos tan necesarios nun momento intenso como o que estamos a vivir: ás veces de frustración e desánimo polas dificultades do camiño pero cheos de ilusión, de ganas, de novas expectativas, sabendo que non chegamos ao final de nada e si ao principio de todo e coa tranquilidade que dá saberse acompañado e guiado nos pasos iniciais desta nova etapa.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: