Fiare nas Feiras de Economía Solidaria

fiare-presente-en-las-ferias-de-economia-solidaria28 de xuño de 2015

Estes últimos meses celebráronse varias das Feiras de Economía Solidaria do país. Pamplona, Vitoria, Madrid e Sevilla, son algunhas das cidades onde se achegou o mercado social á cidadanía para mostrar que é posible crear e impulsar unha economía ao servizo das persoas.

“Son o punto de encontro cunha realidade socio-económica en crecemento que ofrece a través das súas prácticas respostas á crise actual, no que se visibilizará que hai un sistema no que a economía está ao servizo da cidadanía“, segundo explica Carlos Rey, portavoz de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede promotora das feiras. E engade “O obxectivo é conseguir que tanto na produción, o consumo e o aforro sexamos coherentes co conxunto de sociedade que queremos“.

No marco das Feiras ademais realizáronse diferentes actividades co fin de reflexionar e visibilizar a economía solidaria desde diferentes ángulos: postos con produtos e servizos, exposicións, charlas, actividades musicais e para nenos…

En Pamplona participou Peru Sasia, conselleiro de Banca Popolare Etica (Banca Etica), coa conferencia “Repensar a economía hoxe”, mentres que en Madrid estivo Valle Contreras de Desenvolvemento territorial de Fiare Banca Etica, na mesa “Finanzas Éticas Cooperativas, unha maneira radical, pero sinxela de cambiar o mundo”. En Gasteiz no espazo “Modelos alternativos de enerxía e banca” presentouse Fiare Banca Etica.

As Feiras de Economía Solidaria achegan a diversa oferta de produtos e servizos do Mercado Social de cada comunidade, unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios; constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos, cubrindo unha parte significativa das necesidades das persoas que participan.

O obxectivo principal das Feiras é trasladar á cidadanía as propostas para un consumo consciente, responsable e transformador. Participan entidades que nos ofrecen as súas alternativas en: finanzas éticas, transporte sustentable, comercio xusto, enerxías renovables, construción, téxtil, mensaxería, hostalaría e inserción sociolaboral, entre outras.

Más información en:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: