A Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias celebra o seu IV Encontro Estatal

red-de-finanzas-alternativas-y-solidarias-celebra-su-iv-encuentro-estatal-el-objetivo-de-consolidar16 de setembro de 2015

A Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias (REFAS) celebrou en Becerril de Campos, durante o pasado 12 e 13 de setembro, o seu cuarto encontro anual no que participaron organizacións de diferentes provincias que traballan no ámbito das microfinanzas.

Este encontro serviu para consolidar a estrutura formal da rede, despois de varios anos de traballo, avanzando nos obxectivos e aspiracións da organización. Desde este ano, a rede conta con personalidade xurídica e pretende converterse no principal referente das finanzas alternativas a nivel estatal.

O encontro celebrado en Becerril de Campos tivo como obxectivo prioritario profundar nas respostas que desde as organizacións pertencentes a REFAS se ofrecen actualmente ás persoas con necesidades financeiras excluídas dos circuítos bancarios convencionais.

O traballo realizado durante estes dous días contou coa presenza e as achegas de Cristina de la Cruz e de Peru Sasia, en calidade de membro do Comité de Ética e presidente da Fundación Fiare respectivamente, que profundaron na importancia e na necesidade dun ecosistema de microfinanzas que permita dar respostas creativas e innovadoras a persoas non financiables desde os circuítos financeiros convencionais.

REFAS consolida a relación que viña mantendo desde as súas orixes coa Fundación FIARE mediante a firma dun convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades que promova o desenvolvemento de respostas microfinanceiras. Neste marco de colaboración, Fiare Banca Etica pon a disposición de REFAS un depósito a prazo con devolución de interese para todas aquelas persoas e organizacións que queiran axudar a consolidar o traballo da Rede.

REFAS, como rede que engloba a máis de dez organizacións que traballan no ámbito das microfinanzas a nivel estatal, pretende consolidar a súa actividade de coordinación no próximo ano, de cara a reforzar un espazo de resposta financeira necesario para a gran parte da cidadanía.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: