Fiare nas Feiras de Economía Solidaria

fiare-presente-en-las-ferias-de-economia-solidaria28 de xuño de 2015

Estes últimos meses celebráronse varias das Feiras de Economía Solidaria do país. Pamplona, Vitoria, Madrid e Sevilla, son algunhas das cidades onde se achegou o mercado social á cidadanía para mostrar que é posible crear e impulsar unha economía ao servizo das persoas.

“Son o punto de encontro cunha realidade socio-económica en crecemento que ofrece a través das súas prácticas respostas á crise actual, no que se visibilizará que hai un sistema no que a economía está ao servizo da cidadanía“, segundo explica Carlos Rey, portavoz de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede promotora das feiras. E engade “O obxectivo é conseguir que tanto na produción, o consumo e o aforro sexamos coherentes co conxunto de sociedade que queremos“.

No marco das Feiras ademais realizáronse diferentes actividades co fin de reflexionar e visibilizar a economía solidaria desde diferentes ángulos: postos con produtos e servizos, exposicións, charlas, actividades musicais e para nenos…

En Pamplona participou Peru Sasia, conselleiro de Banca Popolare Etica (Banca Etica), coa conferencia “Repensar a economía hoxe”, mentres que en Madrid estivo Valle Contreras de Desenvolvemento territorial de Fiare Banca Etica, na mesa “Finanzas Éticas Cooperativas, unha maneira radical, pero sinxela de cambiar o mundo”. En Gasteiz no espazo “Modelos alternativos de enerxía e banca” presentouse Fiare Banca Etica.

As Feiras de Economía Solidaria achegan a diversa oferta de produtos e servizos do Mercado Social de cada comunidade, unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios; constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos, cubrindo unha parte significativa das necesidades das persoas que participan.

O obxectivo principal das Feiras é trasladar á cidadanía as propostas para un consumo consciente, responsable e transformador. Participan entidades que nos ofrecen as súas alternativas en: finanzas éticas, transporte sustentable, comercio xusto, enerxías renovables, construción, téxtil, mensaxería, hostalaría e inserción sociolaboral, entre outras.

Más información en:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Advertisements

O noso Balance Social

BalanceSocial-BEUn dos principios chave de Banca Popolare Etica (da que forma parte Fiare Banca Etica) consiste na “atención ás consecuencias non económicas das accións económicas”. Por iso avaliamos a actividade de Banca Etica desde o punto de vista económico, social e ambiental.

Estes son algúns dos datos que atoparás no balance social 2014.

-> Clientas/es

As/os clientas/es aforradoras/es aumentaron un 8,8%.
As/os clientas/es financiadas/os aumentaron un 12,8%.
A calidade do crédito outorgado en Banca Etica é boa e ten unha morosidade do 2,5%, fronte ao 9,5% rexistrado no resto do sistema financeiro.clientes-as-BalanceSocial-BE

-> Persoal laboral

As persoas traballadoras aumentaron nun 6,8%.
Conciliación laboral: o 13% das persoas traballadoras teñen un contrato a tempo parcial. persoallaboral-BalanceSocial-BE

-> Participación e cultura

Os Grupos de Persoas socias activas, voluntarias e que promoven as finanzas éticas son 87.
As iniciativas de promoción cultural foron 835 (+38%).
As actividades de educación financeira chegaron a 15.000 persoas.participCultura-BalanceSocial-BEPersoasSocias-BalanceSocial-BE

-> Enerxía

O 93% do consumo enerxético de Banca Etica é de enerxía que provén de fontes renovables (90% no 2013).Enerxia-BalanceSocial-BE

Para ver o Balance Social completo e elexir un ou varios dos grupos de interese podes visitar: http://balancesocial.fiarebancaetica.coopBalanceSocial-grupos

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Encontro de persoas socias da Área Fiare, 16 de maio de 2015

25 de maio de 2015

Artigo de Laura López  – Responsable da Área Sociocultural

O encontro de persoas socias da área Fiare do pasado 16 de maio de 2015 en Madrid, foi un momento moi especial e enriquecedor para todas nós. Un encontro entre amigos e amigas, compañeiros e compañeiras de viaxe: socias e persoal laboral que se recoñecen desde hai tempo como parte dun mesmo proxecto de finanzas éticas e transformación social. 120 persoas (que representaban a moitas máis que non puideron acudir) que puxeron durante anos moita enerxía e ilusión no soño de ofrecer unha alternativa de Banca Etica participativa a unha base social e a unha sociedade que a reclama desde hai tempo.

Persoas con nomes e apelidos, con sorrisos e palabras de agradecemento e tamén de dúbidas por saber como podemos avanzar nesta nova e ilusionante etapa. Etapa na que temos que avanzar na integración nun sistema tan rico e complexo como é Banca Popolare Etica (coñecida en Italia como Banca Etica), e a posta en marcha da nova sucursal bancaria no Estado español.

3-AsembleaFiare-16maioEste mesmo día tiña lugar a Asemblea ordinaria de Banca Etica en Milán. Non foi casualidade, elixímolo así como un momento simbólico e desta maneira, puidemos compartir via streaming a intervención inicial do presidente, Ugo Biggeri e o saúdo en directo co noso conselleiro, Peru Sasia, a todas as persoas reunidas en Milán, que encheu de emotividade o ambiente da sala.

E con esta emoción compartida comezamos unha mañá intensa cargada de contidos sobre Banca Etica e a Área Fiare, na que xurdiron cálidos aplausos de recoñecemento para as persoas coordinadoras dos GITs e tamén para cada unha das persoas que forman o equipo profesional de Fiare, que foron presentadas unha a unha por suxestión dun socio.

Tendo en conta o programa previsto, o primeiro en intervir foi Peru Sasia, que presentou algúns fitos importantes no ano 2014 para Banca Etica: a dimensión europea coa incorporación da área Fiare, o incremento do crédito a pesar da contorna complexa, a aprobación do manifesto político, a elección do novo Comité de Ética, a consolidación da Fundación Fiare, como estrutura que une as organizacións socias de referencia da área Fiare, o plan industrial para o período 2015-1017, a concesión de varios premios (Koopera, PRICE…) . E sobre todo a apertura o 1 de outubro de 2014, en Bilbao, da Sucursal de Banca Etica.

Peru Sasia explicou as liñas mestras do documento sobre o regulamento electoral que se presentou simultaneamente na Asemblea de Milán e no que reflexionamos desde os GITs de Fiare, tímida pero responsablemente, conscientes do valor da nosa participación nestes procesos que son a alma da cooperativa.

1-AsembleaFiare-16maioJuan Garibi presentou e explicou os datos máis significativos do balance e outros datos de Banca Etica. Tamén presentou a actividade da área Fiare nun ano que foi de transición, pasando de ser unha axencia a unha sucursal (entidade 1550 no rexistro do Banco de España), indicando que hai un desequilibrio importante entre o crédito e o aforro, sendo este, o aumento do crédito, un dos retos principais porque é a ferramenta principal que ten Fiare Banca Etica para transformar a realidade.

Na nosa área (a V de Banca Etica), un dos retos este ano é o fortalecemento das nosas zonas, e cozamos a traballar niso. Debido á gran extensión territorial como é o Estado español, organizámonos en 3 zonas xeográficas: Norte, Mediterránea e Centro-sur, cada unha delas coa súa coordinación de zona, os seus GITs correspondentes e a persoa referente de socias.

2-AsembleaFiare-16maioAs tres referentes de zona: Carlos Askunze, María Antonia Bartolí e Beatriz Oliver, realizaron a presentación de cada unha das zonas e a base social que a compoñen, os obxectivos principais como zona e sobre todo os retos chave para este ano, retos que están moi relacionados co inicio da operativa e a capitalización que foi difícil tamén para os GITs, e outros retos máis relacionados co que implica a integración na estrutura asociativa en Banca Etica. Para os nosos GITs as urxencias están relacionadas con: a motivación e activación dos GITs; o traspaso de persoas socias a Banca Etica no seguinte período de capitalización; a mellora da estrutura de coordinación e comunicación coa estrutura cooperativa; e traballar na definición dun proxecto de comunidade de acción.

O sentir dos Gits: “Vivimos con moita ilusión todo o proceso de integración con Banca Etica. Este paso histórico e as consecuencias da apertura da oficina de Bilbao trouxeron moitas novidades e adaptacións ao novo rol que o GIT ten que desempeñar nesta etapa. Nestes momentos estamos a redefinir os nosos obxectivos e accións, sen esquecer a nosa tarefa impulsora do proxecto no territorio” (GIT Galiza Sur).

Na miña intervención o primeiro que fixen foi a presentación da web do Balance Social 2.0. por primeira vez en castelán. Unha valiosísima ferramenta de auditoria social, que inclúe indicadores e datos que describen o impacto social da actividade de Banca Etica e reflicte o noso compromiso de promover as finanzas éticas e contribuír a crear unha economía ao servizo das persoas e o medio ambiente.

5-AsembleaFiare-16maioRepasáronse os fitos dos últimos meses (entre eles o debate da gobernanza, a posta en marcha da operativa e o reforzo das zonas como parte importante do diagrama asociativo). E presentáronse algunhas liñas de traballo para este ano tan fundamentais como: a formación aos GITs (coordinación, comunicación, avaliación ético-social, educación financeira…); a comunicación (redes, boletíns, web-blog); contribuír na xeración e animación nas dinámicas participativas de Banca Etica (debates políticos e de participación, encontros) e a preparación para a asemblea extraordinaria de outono de Banca Etica, por primeira vez con dobre sede España-Italia, e por suposto, o desenvolvemento do proxecto de Comunidade de acción.

8-AsembleaFiare-16maioPola tarde tivemos a oportunidade de tratar en 3 grupos de traballo algúns contidos que son claves para o noso futuro, como: adquirir un maior coñecemento de Banca Etica e a súa estrutura cooperativa e asociativa, retos relativos ao reforzo da nosa comunidade de acción ou os mecanismos para seguir construíndo respostas financeiras que hoxe non podemos afrontar. Asuntos de extraordinaria importancia para a nosa base social e para a cooperativa que continuaremos traballando a distintos niveis tras o encontro.

tallercredito-16maio2015-MadridNo taller “O crédito no Sistema Fiare Banca Etica” debateuse nunha dinámica participativa, tras unha introdución sobre as experiencias da operativa bancaria de Fiare, como no novo marco proposto polo proxecto FiareLab, as novas oportunidades de creación de circuítos de aforro-crédito que poidan implicar a distintos actores pertencentes e aliados ao Sistema de Fiare Banca Etica (Cooperativa, Fundación Fiare, organizacións aliadas…).

AsembleaFiare-16maio2015-2No taller de “Comunidade de acción”, tras presentar os obxectivos comerciais deste ano (os dos GITs xa se presentaron durante a mañá), traballouse as posibilidades de crear interconexións e accións entre a operativa e os GITs para lograr un desenvolvemento tanto comercial como socio-cultural na área Fiare. Como reconstruír estas relacións con maior coordinación e aliñando obxectivos comúns en relación ás necesidades de apoio mutuo, tendo en conta en todo momento as forzas coas que contamos.

6-AsembleaFiare-16maioQuero expresar un agradecemento especial á compañeira, Teresa Masciopinto, responsable cultural da Área Sur de Banca Etica, por acompañarnos neste día, pola súa presenza, polas súas achegas e pola súa proximidade. Grazas a ela, as nosas socias puideron Coñecer Banca Etica e a súa estrutura asociativa noutro dos talleres. Nun dialogo aberto coas socias, no que se explicou a estrutura de participación na cooperativa, o diagrama asociativo e as funcións dos diferentes órganos institucionais e organismos que a forman, xurdiu un especial interese por coñecer quen compuña o Grupo Banca Etica e coñecer Etica Sgr (a xestora de Fondos, para algúns descoñecida).

E como dixo Peru Sasía: “Para unha realidade como a nosa, atoparnos cara a cara, debater ‘en directo’ a nivel de Área é unha desas dinámicas das que non podemos prescindir. Un día de traballo (longo, cansado sobre todo para quen chegue de máis lonxe)… e un tesouro para Fiare Banca Etica”. E por iso seguiremos buscando todos os espazos que fagan falta para seguir atopándonos e debatendo, espazos tan necesarios nun momento intenso como o que estamos a vivir: ás veces de frustración e desánimo polas dificultades do camiño pero cheos de ilusión, de ganas, de novas expectativas, sabendo que non chegamos ao final de nada e si ao principio de todo e coa tranquilidade que dá saberse acompañado e guiado nos pasos iniciais desta nova etapa.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Que supón asociarse a Fiare Banca Etica desde o Finisterrae (Galiza Sur)

As provincias de Pontevedra e Ourense conforman o territorio deste GIT [xunto co do GIT Galiza Norte (provincias de Coruña e Lugo)], que ocupa a fronteira máis occidental de Fiare Banca Etica. Un espazo cheo de contrastes, entre o rural e o urbano, cun tecido asociativo feble, en comparación con outros territorios desta V Área, cunha cidadanía que desconfía do sistema financeiro, pois foi fortemente golpeada pola crise e o abuso das entidades bancarias e onde estas singularidades tamén vén reflectidas na nosa configuración e quefaceres.

Xuntanza GIT Galiza Sur, 28 de abril de 2015, Vigo.

Xuntanza GIT Galiza Sur, 28 de abril de 2015, Vigo.

O grupo responsable deste GIT, elixido pola asemblea de persoas socias e constituído por unhas 12 persoas, articulouse, desde o seu inicio, como un equipo de traballo no que se repartiron as cargas, máis que os cargos, en función de dúas premisas importantes: dar representatividade a todos os colectivos e grupos locais implicados e que cada persoa elixise onde estar en función das súas capacidades e desexos. Trátase dun equipo mixto, novo, heteroxéneo, autocrítico, reflexivo e participativo, que consegue superar as distancias físicas que nos separan, entre as reunións presenciais, por medio dunha comunicación fluída vía correo electrónico, teléfono, whatsapp…

Cremos que case todo o noso trabaixo ten que ver cun bo plan de comunicación: externa-difusión e interna-participación. Ambas as dúas prioridades marcan a nosa traballo como GIT e actúan como impulso para outras tarefas interconectadas, como son a formación continua e o mantemento dos vínculos e canles de información co resto dos grupos e membros da cooperativa.

RedeGalegaSementes-Gondomar-9abril2015

XV Encontro da Rede Galega de Sementes, 9 de abril de 2015, Gondomar

A nosa maior actividade ad extra vai encamiñada a participar en todos os actos de difusión das finanzas éticas ás que nos convidaron. Desde a feira de produtos tradicionais, á que acudimos mensualmente na cidade de Vigo, até distintas xornadas en centros de ensinanza en grao sumo variado (secundaria, graos de formación profesional, universidade senior…) pasando pola Feira de Economía Solidaria en Pontevedra, os Encontros da Rede Galega de Sementes, o Día do Comercio Xusto ou polo Congreso Internacional de Agroecología e Agricultura Ecolóxica, organizado pola universidade e no que o pasado ano reflexionouse sobre recursos compartidos e respostas colectivas. Así, xa contamos cun número crecente de asociacións e organizacións de todo tipo que, máis ou menos sensibilizadas, si demostran inquietude e ganas de coñecernos e de traballar con nós por un cambio social.

Día do Comercio Xusto "Tira do fío", 9 de abril de 2015, Vigo

Día do Comercio Xusto “Tira do fío”, 9 de abril de 2015, Vigo

Vivimos con moita ilusión todo o proceso de integración con Banca Popolare Etica (BpE). Este paso histórico e as consecuencias da apertura da oficina de Bilbao trouxeron moitas novidades e adaptacións ao novo rol que o GIT ten que desempeñar nesta etapa. Nestes momentos estamos a redefinir os nosos obxectivos e accións, sen esquecer a nosa tarefa impulsora do proxecto no territorio.

A posta en marcha de operativa bancaria tamén xerou multitude de expectativas, tanto das persoas socias como das que aínda non o son. Cara a dentro e cara a fóra seguimos comunicando que canto maior e máis participativa sexa a base social que nos constitúa, maior será o noso campo de acción e as posibilidades de cambio que poidamos alcanzar. Por todo iso, dentro das actividades que ultimamente desenvolvemos ad intra destacariamos a colaboración coas persoas da operativa bancaria para facilitar a apertura de contas e o traspaso de capital social das entidades xurídicas de noso territorio, organizando o calendario e lugares de encontro. Esta tarefa foi ocasión moi propicia para achegarnos de novo ao tecido asociativo que nos conforma, coñecer as súas últimas actividades e necesidades e reformularlles o traballo en rede que podemos facer de maneira conxunta nesta nova etapa que se nos abre chea de posibilidades.

As persoas socias deste GIT agardan, con paciencia e confianza, que a operativa bancaria, que estamos a estrear, implantar, afiáncese e desenvólvase de manera estable; que o traspaso do seu capital social convértaas pronto en socias de pleno dereito, para poder participar na vida decisoria da cooperativa; que a integración con BpE sexa real e efectiva e todo iso sen esquecer que, máis aló da parte estritamente financeira, estamos a crear unha maneira nova de xestionar a economía e que Fiar Banca Etica é unha poderosa ferramenta de transformación social.

Cachi Vilo

Coordinadora GIT Galiza Sur

Nota: Este artigo xunto con outros tamén moi interesantes podes lelos no Boletín BancaNote (tamén aparece este e os do ano pasado na columna da dereita): BancanotE_2abril2015

PARTICIPAR!

8 de maio de 2015

participarPor Peru Sasia, Conselleiro de Banca Etica.

“Participar” é unha palabra moi usada, aínda que non sempre correctamente entendida. A súa raíz etimológica fai referencia a “tomar parte en algo”, a “intervir”, e mesmo o dicionario asígnalle o significado de “aviso, parte ou noticia que se dá a alguén”. Tamén pode entenderse como “cantidade de diñeiro coa que se participa nun negocio”…

Falar hoxe de “participación” na esfera económica obríganos a reflexionar sobre os diferentes matices que ofrecen estas definicións. E anímanos a pensar que concepto de participación necesitamos se queremos que a economía recupere o seu valor social. A lóxica económica actual require (e constrúe) un/unha consumidor/a que reduce a súa intervención a unha decisión de compra debidamente condicionada pola mercadotecnia e polos modelos de felicidade-consumo que se nos inculcan de forma intensiva. Poténciase un/unha consumidor/a compulsivo/a, irreflexivo/a, ignorante dos mecanismos que rexen o sistema económico e das súas consecuencias; un individuo illado (mellor que sexa así) que simplemente resolva (afirmativamente) unha especie de diálogo hamletiano: “comprar ou non comprar, velaí o dilema”.

encuentro-socis-area-fiare-banca-popolare-eticaTransformar o sistema económico e recuperar o seu valor como espazo de relacións que miran polo ben común, esixe propostas que se constrúan sobre un modelo de participación moito máis denso, con moito maior percorrido. E esixe non só consumir, senón construír o circuíto económico. Esixe participar, con coñecemento e con responsabilidade, na organización que o xestiona. Esixe colaborar coa nosa opinión e as nosas capacidades (tamén as económicas) na consolidación do modelo. Esixe atraer a outras posibles participantes, persoas e organizacións que, como nós, comparten unha visión común sobre o que debe ser hoxe a economía. Esixe entender as nosas particularidades, os elementos fundamentais sobre os que asentamos as nosas propostas concretas, as razóns que explican as cousas que facemos… e as que non podemos ou non debemos facer. Esixe, en definitiva, “ser parte” de algo que construímos entre todos e todas demostrando que é posible pensar noutro modelo de relacións baseadas na cooperación, a reciprocidade, a solidariedade cos/coas máis febles, o respecto pola natureza. Esixe formarse, atoparse, debater, tomar decisións de forma democrática, tolerar a diferenza e enriquecerse con ela.

Esixe participar nunha Asemblea [tes información dos encontros anteriores na columna da esquerda], mediante a expresión dunha opinión ou a decisión dun voto. Participar nas diversas estruturas e dinámicas que promove o noso Pacto Asociativo. Participar especialmente na consolidación dunha estrutura que, precisamente, coide a participación. Algunhas destas accións son pequenas actuacións, pero xuntas cárganse dun gran valor político, especialmente para unha cooperativa financeira que se mantén teimuda apegada á lóxica de “unha persoa-un voto” (un dos nosos alicerces fundamentais). Porque o noso modelo constrúese desde a base, desde ese tecido social que se reuniu para ofrecer á sociedade unha proposta contracultural, contracorriente. E, non o esquezamos, ese é un exercicio moi custoso e esgotador se se encara individualmente.

Obviamente, debemos respectar as circunstancias persoais e as diferentes posibilidades de participar que cada persoa teña nun momento determinado. Pero isto nunca debe impedir a implicación responsable de quen entendan que esa é a súa maneira de construír Banca Etica. Tampouco debemos conformarnos, aceptando un empobrecemento progresivo da participación. Debemos perseguir cada día esa implicación, ofrecendo dinámicas atractivas e consistentes, que sexan capaces de adaptarse aos cambios da nosa contorna social, política, cultural, normativa… sen perder esa intensidade participativa que tanto necesitamos.

Ese é o noso modelo, que construímos desde orixes distintas en Italia e no Estado español. Un modelo que é a razón fundamental pola que as persoas socias da área Fiare buscaron con entusiasmo a posibilidade de integrarnos nun proxecto común. Hoxe, xa unidos os dous proxectos, aferrámonos xuntos/as a el como unha das chaves para seguir consolidando unha banca alternativa que se constrúe en Europa, desde realidades nacionais que presentan, fronte ao sistema económico, moitos puntos en común. Un camiño difícil, pero moi estimulante. Participemos e reforcemos a participación. Diso depende boa parte do noso valor.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Tes a continuación máis información da Asemblea que terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio no Colexio Chamberrí en Madrid:

Se tes dúbidas podes escribir a galizasur@proyectofiare.com ou a galizanorte@proyectofiare.com

para-una-nueva-gobernanza-para-elegir-nuestro-comite-de-administracion_0

Presentouse en Idearia a Mesa do Sistema de Finanzas Éticas

Lugar da noticia:  Córdoba.

O pasado día 1 de Maio no marco do Encontro da Economía Solidaria Idearia2015, realizouse un Taller de presentación e debate sobre a recentemente creada Mesa do Sistema de Finanzas Eticas de REAS RdR (MSFE). Na presentación da MSFE, explicouse a iniciativa, que xorde coa intención de consolidar unha sectorial de Finanzas Éticas e está composta polas catro entidades de FFEE de REAS que operan en ámbito estatal: CAES, Coop57, Fiare e Oikocredit.

Na presentación fíxose fincapé en que esta iniciativa recolle mesa_finanzas_eticasa longa tradición e a gran riqueza de experiencias de FFEE que existe en REAS RdR (REAS Rede de Redes) e asume o reto de consolidar un espazo coordinado que reforce as FFEE de REAS. No traballo do Taller puxéronse de manifesto unha serie de retos chave para a MESA, entre os que podemos resaltar:

  • A necesidade de establecer canles de cooperación que permitan crear circuítos especializados para necesidades específicas, implicando a outros actores da Economía Solidaria e axentes potencialmente aliados.
  • A atención ao Eixo educativo, buscando incorporar en distintos espazos e niveis (Educación primaria, secundaria, bacharelato, universitaria, formación profesional, non-formal…) os principios e realidades das Finanzas Éticas no marco da Economía Solidaria.
  • Profundar na intercooperación e no traballo coas ferramentas xa dispoñibles de FFEE por parte das entidades e persoas de REAS RdR e as súas organizacións territoriais e sectoriais.
  • Mirar a Europa e incorporarse ás dinámicas que, a nivel internacional, desenvolve REAS RdR, asumindo nalgúns casos o reto de reforzalas.
  • Atender á dimensión de denuncia e incidencia, interaccionando coa esfera política sen perder independencia e atentos aos riscos de manipulación.
  • Implicarse na consolidación do Mercado Social de REAS RdR.

Xurdiron así mesmo moitas outras cuestións relacionadas coas relacións co cooperativismo de crédito, os retos do aseguramento ético no marco de REAS, a necesidade de construír e difundir mensaxes comúns sobre FFEE (Finanzas Éticas) e ESS (Economía Social e Solidaria)…

O material empregado no Taller está dispoñible no seguinte arquivo: presentacion_Mesa_Finanzas_Idearia_2015

Idearia_0190Fonte: www.economiasolidaria.org

Coñece máis sobre Fiare Banca Etica o 9 de maio en Vigo e en Gondomar!

Se queres saber máis sobre as finanzas éticas e Fiare Banca Etica achégate aos dous encontros nos que participamos o vindeiro sábado 9 de maio en Vigo e en Gondomar.

Anímate a vir e así estarás informada/o de todas as últimas novas!

Dia-Comercio-Xusto-Vigo-9maio2015XVEncontrosemente-gondomar-maio2015

%d bloggers like this: