Eu son #bankingonvalues: 22 de outubro, mobilización mundial polas finanzas éticas

am-bankingonvalues-movilizacion-por-las-finanzas-eticas

Hoxe, xoves 22 de outubro de 2015, é o día mundial de mobilización polas Finanzas Éticas convocado por Global Alliance for Banking on Values (GABV). Esta alianza, constituída por unha rede de 27 entidades financeiras sostibles de todo o mundo da que Banca Popolare Etica (Banca Etica) forma parte, está inspirada no ben común e atópase formada por 30 mil persoas empregadas e 20 millóns de clientas e clientes.  Convocou esta xornada global para sensibilizar sobre os temas relacionados coas finanzas éticas.

GABV-Facebook-Cover-by-fiercefeathers-2015-SpanishDesde un hemisferio ao outro da Terra o 22 de outubro as persoas traballadoras, socias e clientas da banca ética faremos ouvir a súa voz nas redes sociais co hastag #bankingonvalues, co fin de dar a coñecer unha banca diferente, que se centra nas persoas e o medio ambiente, sen ánimo de lucro, e para dar testemuño do uso responsable do diñeiro.

Fiare Banca Etica, como membro da rede de GABV, convida a todas as persoas e organizacións que elixiron as finanzas éticas a que poñan o seu rostro, expliquen as súas experiencias e motivacións, para facer ouvir a súa voz en todo o planeta.

Descarga e comparte os materiais da campaña e prepárate para participar:

  1. Descarga a imaxe da campaña, a foto de portada para o teu perfil de Facebook, Twitter y Linkedin.
  2. Imprime o póster (en A3 ou A4), escribe enriba por que para ti son importantes as Finanzas Éticas e publica a foto en Twitter, Facebook ou Instagram usando o hashtag #bancaconvalores
  3. Comparte o vídeo realizado pola GABV para promover o evento:  https://youtu.be/Kg4wNwtACB8
  4. Comparte un destes chíos:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Banca Etica en 2015: os números do primeiro semestre

banca-etica-en-2015-los-numeros-del-primer-semestre16 de outubro de 2015

Banca Etica soubo demostrar a súa singularidade no panorama bancario, inclusive no primeiro semestre de 2015, ao continuar usando os aforros que as persoas e as organizacións adican a apoiar os mellores proxectos no campo das empresas sociais, da protección do medio ambiente e da promoción da cultura.

Estes resultados positivos son o froito dun compromiso coral das persoas que traballan en Banca Popolare Etica (Banca Etica), das persoas socias, dos/as clientes/as e impúlsannos a facer cada vez máis para compaxinar eficiencia, solidez, innovación e solidariedade.

Presentamos a continuación os nosos números actualizados o 30 de xuño de 2015.

A captación de aforro aumentou nuns 5% respecto de fins do 2014, alcanzando 1.033.000.000 de euros mentres que na área Fiare alcanzou os 54.662.000 €.

No mesmo período, o sistema bancario italiano rexistrou en xeral un recorte dun 1,17% na captación directa.
A captación indirecta, é dicir, subscrición de fondos comúns de investimento éticas promovidos por Etica Sgr, aumentou nun 16% alcanzando os 425 millóns de euros.

Préstamos concedidos

Os préstamos concedidos por Banca Etica destinados a familias e empresas creceron un 4% no primeiro semestre de 2015, cun aumento maior nas rexións do Sur de Italia, onde se rexistrou un +7%. No mesmo período, o sistema bancario italiano alcanzou un crecemento global de tan só un 0,53%.

Na área Fiare os préstamos concedidos alcanzaron os 11.671.000 €.

Tasa de morosidade

Banca Etica logrou manter moi baixo o nivel de créditos non esixibles, é dicir, dos créditos non reembolsados, que ascenden a un 2,9%, respecto ao 10,12% do sistema bancario italiano.

Capital social

Tamén o capital social creceu un 5% no primeiro semestre do 2015 alcanzando 52,4 millóns de euros. Na área Fiare o capital social neste período era de 1.553.000 €.

Beneficios

Os beneficios de Banca Etica no semestre ascenderon a 974 miles de euros.

*Datos de ABI Informe mensual de xuño 2015.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Fiare Banca Etica cumpre un ano!

safe_image.phpUn artigo de Ugo Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica.

Nas rúas desa amálgama de edificios de pedra, madeira e ferro que é o casco vello de Bilbao, hai agora unha novidade xa asentada e adaptada á contorna, mesmo desde o punto de vista arquitectónico.

En realidade, hai anos que está aí. É o símbolo da constancia, da paciencia e da determinación dunha cidadanía e dunhas institucións que queren un mundo máis xusto e que o constrúen facéndose preguntas sobre os cartos, sobre o seu uso, sobre como dar resposta ao sistema de finanzas que domina o mundo e sobre as decisións políticas.

O traballo realizado na sede da oficina de Bilbao superou as fronteiras da cidade. É un traballo para todas as redes sociais e para todos os cidadáns e todas as cidadás do territorio do Estado español. É un traballo que se realiza de maneira cooperativa e participada coas persoas que defenden os mesmos obxectivos e os mesmos soños en Italia.

Esas oficinas en si non son importantes. Poderían estar onde están… ou poderían estar en calquera outro lugar. De feito, están nacendo outras. O importante é que estean, que existan e que, desde ese lugar, se concreten e se plasmen con eficacia as opcións das finanzas éticas tal como esas persoas as crearon.

Hai un ano, esas oficinas rexuveneceron: renovaron a súa estrutura e a súa forma xurídica para converterse nun “auténtico” banco. Unha data moi significativa para todos e todas nós foi a do 1 de outubro de 2014!

Do mesmo xeito que o 8 de marzo de 1999 foi importante para Banca Popolare Etica (Banca Etica) porque marcou o seu nacemento, o 1 de outubro de 2014 foino para a apertura ao territorio español. Esta data marcou o día no que se empezou a concretar o soño. Foi o día no que se consolidaron as finanzas éticas declaradas, promovidas e buscadas; as finanzas éticas practicadas como intermediario financeiro.

E desde esa chegaron as respostas á cidadanía sobre o diñeiro, sobre as finanzas e sobre como estas poden converterse nun instrumento para mellorar o mundo e non para dominalo, como desgraciadamente está a suceder desde hai demasiados anos.

Que se concreten os soños é fundamental, aínda que non é evidente… porque demasiado a miúdo as críticas e as resistencias non permiten xerar alternativas concretas para o cambio. Conseguir facelo no mundo das finanzas é algo incriblemente fantástico.

Esta construción de sólidas alternativas témola vivido como mínimo tres veces: cando iniciamos a nosa andadura como Banca Etica, cando avanzamos polo camiño como Etica SGR e cando, ao final, nos convertemos en Fiare Banca Etica.

Pero o inicio da aventura no territorio español ten un valor especial: polo camiño percorrido polas persoas socias, por ter recibido noutro país europeo o impulso dun movemento popular de abaixo arriba (chave da participación cooperativa do grupo Banca Etica), polo esforzo cooperativo internacional tan especial que se puxo en marcha, pola forza de renovación e de xeración que leva intrínseca, polas perspectivas que xera e a atención que capta a nivel europeo…

Celebrar este primeiro aniversario serve para seguir adiante e para lembrar cada un dos pasos realizados.

Sabemos que este camiño non está exento de dificultades, como tampouco o están as decisións ás que nos enfrontamos día a día para chegar máis lonxe e para ser cada día mellores. Non estamos aínda plenamente operativos, aínda non alcanzamos a operatividade que desexamos, pero os resultados non tardarán en chegar.

Estamos de celebración. Estamos contentos e contentas porque o que estamos a facer non ten marcha atrás. Estamos satisfeitos e satisfeitas porque estamos a levantar uns sólidos alicercer para o futuro de Fiare Banca Etica e das finanzas éticas en Europa.

Ler o artigo en italiano.

Ler o artigo en castelán.

Ler o artigo en catalán.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

fiare-banca-etica-cumple-un-ano

Ugo Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica (Banca Etica).

Encontro galego de persoas socias de Fiare Banca Etica

O vindeiro sábado, 3 de outubro de 2015, xuntarémonos en Santiago de Compostela no encontro de todas as persoas socias de Fiare Banca Etica da Galiza e na asemblea da asociación Fiare Galiza.  Terá lugar nas instalacións de CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo Lopéz Pol s/n – San Lázaro, Santiago de Compostela), a partires das 10:00 horas.

É unha xuntanza que consideramos especial, xa que teremos a oportunidade de coñecer a Carlos Askunze, o Referente da nosa Zona Norte, que nos comentará moitas novidades, así mesmo falaremos con Alberto, un dos traballadores da nosa oficina bancaria de Bilbao, para poñernos ao día de como está a funcionar a nosa operativa e resolver todas as nosas dúbidas e inquedanzas.

Coma sempre, priorizamos dispoñer dun tempo para coñecernos máis informalmente e para iso celebraremos un xantar compartido.  Ofreceremos algo para beber e picar e agradecemos o que cadaquén queira achegar para pór en común.

Queremos que todas as persoas teñamos posibilidade de asistir e parécenos que compartir coche é o mellor xeito, por iso, agradecémosche que nos comuniques se precisas compartir transporte no enderezo electrónico persoassociasgitsur@proyectofiare.com (se vives nas provincias de Ourense ou Pontevedra) ou no persoassociasgitnorte@proyectofiare.com (se o fas nas de Coruña ou Lugo) e organizaremos como facelo. Para calquera outra cuestión estamos ao teu dispor a través dos correos electrónicos e deste blogue.

Queremos lembrar tamén que a vindeira asemblea da Área Fiare é o 28 de novembro de 2015 en Pamplona, na que nos agardan obradoiros, novidades… e, sobre todo, participación na nosa cooperativa!

Sen máis, agardamos contar contigo nesta xornada e camiñar xuntos/as nos novos pasos desta nosa cooperativa!

Cartel-asembleagalega-FBE-set2015

 

Unha aperta!

Fiare nas Feiras de Economía Solidaria

fiare-presente-en-las-ferias-de-economia-solidaria28 de xuño de 2015

Estes últimos meses celebráronse varias das Feiras de Economía Solidaria do país. Pamplona, Vitoria, Madrid e Sevilla, son algunhas das cidades onde se achegou o mercado social á cidadanía para mostrar que é posible crear e impulsar unha economía ao servizo das persoas.

“Son o punto de encontro cunha realidade socio-económica en crecemento que ofrece a través das súas prácticas respostas á crise actual, no que se visibilizará que hai un sistema no que a economía está ao servizo da cidadanía“, segundo explica Carlos Rey, portavoz de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede promotora das feiras. E engade “O obxectivo é conseguir que tanto na produción, o consumo e o aforro sexamos coherentes co conxunto de sociedade que queremos“.

No marco das Feiras ademais realizáronse diferentes actividades co fin de reflexionar e visibilizar a economía solidaria desde diferentes ángulos: postos con produtos e servizos, exposicións, charlas, actividades musicais e para nenos…

En Pamplona participou Peru Sasia, conselleiro de Banca Popolare Etica (Banca Etica), coa conferencia “Repensar a economía hoxe”, mentres que en Madrid estivo Valle Contreras de Desenvolvemento territorial de Fiare Banca Etica, na mesa “Finanzas Éticas Cooperativas, unha maneira radical, pero sinxela de cambiar o mundo”. En Gasteiz no espazo “Modelos alternativos de enerxía e banca” presentouse Fiare Banca Etica.

As Feiras de Economía Solidaria achegan a diversa oferta de produtos e servizos do Mercado Social de cada comunidade, unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios; constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos, cubrindo unha parte significativa das necesidades das persoas que participan.

O obxectivo principal das Feiras é trasladar á cidadanía as propostas para un consumo consciente, responsable e transformador. Participan entidades que nos ofrecen as súas alternativas en: finanzas éticas, transporte sustentable, comercio xusto, enerxías renovables, construción, téxtil, mensaxería, hostalaría e inserción sociolaboral, entre outras.

Más información en:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

A %d blogueros les gusta esto: