Participa!

Base Social

A 30 de agosto de 2015 Fiare Banca Etica conta coa participación de:

20 circunscricións, máis de 100 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 –  cooperativa de servizos), apoio de 785 persoas socias en todo o estado.

O Balance Social 2014 e os Números de Banca Popolare Etica (Banca Etica) podes consultalos en: http://www.fiarebancaetica.coop/nuestros-numeros

En Galiza, a asociación Fiare Galiza somos (a 10 de novembro de 2015):

Lembrade as grandes novidades que recibimos co gallo do fin do ano 2013! e aínda máis concretas na Asemblea do 29 de marzo de 2014 en Barcelona e na Asemblea Xeral de Banca Etica do 24 de maio de 2014 en Nápoles.

Como participar:

Non está de máis lembrar os principios e piares que conforman a base do proxecto; son catro, ben definidos e precisos. Son froito dunha prolongada e concienzuda reflexión na que se opta por un xeito de describirse de forma positiva: afirmando polo que se está dispostos a loitar,

  1. Crédito ao servizo da xustiza.
  2. Intermediación financeira desde as redes cidadás.
  3. Acción significativa a través do aforro responsable, a participación e a transparencia.
  4. Carácter non lucrativo e interese común.

Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais, etc.), a colaborarción nos Grupos de Implantación Territorial (GIT) Galiza Norte e Galiza Sur e nos seus respectivos grupos locais de apoio (polo momento en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo e Santiago), a participación desde o teu concello, etc. Polo tanto, hai moitas formas de participar como acabas de ler (Triptico-FBE-Galiza-15outubro2014-galego).  Comenta as túas posibilidades, fai suxerencia, etc. nos correos:  git.galizasur@fiarebancaetica.org, git.galizanorte@fiarebancaetica.org

Estamos nun proceso de transición durante este ano 2015.  Seguirémosvos informando!

Anímate e convértete en persoa SOCIA de Fiare Banca Etica!

Ser entidade ou persoa socia posibilitará a participación democrática na cooperativa de crédito.

Tamén podes aclarar as túas dúbidas:

Que teño que facer para ser socio/a de Fiare Banca Etica:

As PERSOAS FÍSICAS que desexen formar parte de Fiare Banca Etica deben informarse nos correos electrónicos dos Grupos de Iniciativa Territorial (GIT):

  • GIT Fiare Galiza Sur (local de Árbore na Rúa López Mora 30, Vigo): git.galizasur@fiarebancaetica.org
  • GIT Fiare Galiza Norte (local de Panxea na Rúa da Rosa 36 baixo, Santiago de Compostela): git.galizanorte@fiarebancaetica.org

As PERSOAS XURÍDICAS (asociacións, colectivos, …) que desexen formar parte de Fiare Banca Etica deberán reflectir nos seus estatutos fins e obxectivos que sexan acordes á visión e misión da Asociación e que non sexan contrarios aos desta. As novas incorporacións de persoas xurídicas deben informarse nos correos electrónicos dos Grupos de Iniciativa Territorial (GITs):

  • GIT Fiare Galiza Sur (local de Árbore na Rúa López Mora 30, Vigo): git.galizasur@fiarebancaetica.org
  • GIT Fiare Galiza Norte (local de Panxea na Rúa da Rosa 36 baixo, Santiago de Compostela): git.galizanorte@fiarebancaetica.org
Advertisements

7 Respostas

  1. […] social, no Anuncio do inicio da Campaña de captación de capital social, e nas seccións de “Cómo participar?” e “Documentos e materiais” de FIARE-Galiza  Tags: Banca ética, fiare, […]

  2. […] Lembrarvos que a posibilidade de facerse socia segue activa e é moi sinxela. Para colaborar na construción deste proxecto tan so abonda con facer unha achega mínima de capital social de 300€ para as persoas físicas e de 600€ para as persoas xurídicas. Tedes toda a información sobre Como participar neste proxecto neste enalce: fiaregz.wordpress.com/como-participar […]

  3. Qual é a diferenza com Coop 57?

    • Fiare e Coop57 son dúas realidades complementarias. Coop57 é unha proposta máis centrada no financiamento dos propios membros; Fiare profundiza, traballando pola creación dunha cooperativa de crédito, na que tamén participa Coop57.

  4. […] Anímate a participar. Xa podes ser socio ou socia de FIARE, cliente, ou se o desexas, tamén podes incorporarte aos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) ou nos grupos locais (de Vigo e Compostela, e en creación noutras cidades galegas) para que, pouco a pouco, poidamos seguir a expandir esta realidade.  […]

  5. Nestes intres estou a viver en Ourense…onde podo acudir pra que alguén me informe sobre Fiare? Prefiro o formato conversación que o de ler online!

    • Ola Cata:
      En breve unha persoa relacionada con grupo local de Ourense porase en contacto contigo. Moitas grazas polo teu interese!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: